Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 122/76 e cinco máis).

Na sesión que tivo lugar o día 20.12.2021, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Monte Piñeira (exp. 122/76), pertencente aos veciños de Piñeira de Abaixo e Piñeira de Arriba, da parroquia de Piñeira, e monte Moredo (exp. 129/76), pertencentes aos veciños de Aldea, Moredo e Souto da parroquia de Soutordei, ambos os dous no concello de Ribas de Sil.

O 2.8.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Ribas de Sil e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 14.12.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_30) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies pasan a ser: MVMC Piñeira, 289 hectáreas e MVMC Moredo, 348 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Merlán (exp. 91/76), pertencente aos veciños da parroquia de Merlán, agás Hospital, e monte Norte Arroio Raposeiras (exp. 73/76), pertencente aos veciños do norte da parroquia de Augas Santas, ambos os dous no concello de Palas de Rei.

O 23.9.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Palas de Rei e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 5.11.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_35) no que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies resultantes pasa a ser: MVMC Merlán, 468 hectáreas e MVMC Norte Arroio Raposeiras, 154 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte Rogueira e Cabana (exp. 78/75), pertencente aos veciños de Moreda, na parroquia de Seoane, e monte Visuña (exp. 15/77), pertencente aos veciños de Visuña e Céramo, na parroquia de Visuña, ambos os dous no concello de Folgoso do Courel.

O 29.7.2021 foi presentada unha solicitude (mellorada o 8.11.2021), relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 14.12.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_29) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies resultantes pasa a ser: MVMC Rogueira e Cabana, 553 hectáreas e MVMC Visuña, 1.118 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xaneiro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslinde MVMC Piñeira con MVMC Moredo. Ribas de Sil

missing image file

ANEXO II

Deslinde MVMC Merlán con MVMC Norte Arroio Raposeiras. Palas de Rei

missing image file

ANEXO III

Deslinde MVMC Rogueira con MVMC Cabana e Visuña. Folgoso do Courel

missing image file