Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 3842

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 3/2022, do 13 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello da Cañiza de varios treitos das estradas provinciais EP-5005 A Cañiza-Pousa e EP-5001 A Franqueira-Cebreiro.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Pleno do Concello da Cañiza aprobou, en sesión do 28 de setembro de 2018, acordo sobre a cesión de varios treitos das estradas provinciais EP-5005 e EP-5001.

O Pleno da corporación provincial, na sesión ordinaria do 27 de setembro de 2019, aprobou a proposta de cambio de titularidade ao Concello da Cañiza de varios treitos da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa (PO-400) e dun treito antigo da estrada provincial EP-5001 A Franqueira-Cebreiro.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos antigos das estradas provinciais EP-5005 A Cañiza-Pousa (PO-400) e EP-501 A Franqueira-Cebreiro, definidos no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xaneiro de dous mil vinte e dous

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello da Cañiza de:

Clave

Denominación

PQi

Marxe

Lonxitude (m)

Treito antigo EP-5005

A Cañiza-Pousa (PO-400)

3+300

3+400

3+900

4+400

4+800

5+500

6+300

6+450

MD

ME

ME

MD

MD

ME

MD

ME

75

50

70

145

90

205

190

60

Clave

Denominación

PQi

Marxe

Lonxitude (m)

Treito antigo EP-5001

A Franqueira-Cebreiro

0+710

ME

1.464

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello da Cañiza deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello da Cañiza, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puidese corresponder como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de xaneiro de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade