Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 3837

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica

da Consellería (€)

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Coirós de Abaixo.

8 de setembro de 2021

79.510,22 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización de parque público no lugar de Outeiro Cruz.

9 de setembro de 2021

229.324,45 €

Addenda núm. 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de tres novas plantas de biorresiduos. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Modificación da cláusula 3ª e anexo I do convenio asinado o 26 de xullo de 2021, para unha axeitada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes axustando as achegas á realidade de execución do contrato de obra por parte de Sogama.

10 de setembro de 2021

Non supón incremento do convenio inicial

Protocolo xeral entre a Xunta de Galicia, Clúster de turismo de Galicia e Ecoembalajes España, S.A.

As partes manifestan a súa intención de unificar esforzos e establecer liñas amplas de actuación que canalicen e incrementen futuras colaboracións en materia de protección do ambiente e fomento da sustentabilidade no ámbito da actividade turística, en particular no relativo á recollida selectiva e a reciclaxe de residuos de envases.

22 de setembro de 2021

Non supón achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dun edificio destinado a usos múltiples no lugar de Arenteiro.

30 de setembro de 2021

359.237,43 €

Acordo unánime de resolución por mutuo acordo do Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chantada para a realización de obras en materia de urbanismo.

Declarar resolto por acordo unánime o Acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chantada subscrito o 5 de agosto de 2021 para a execución das obras de peonalización da rúa Comercio.

6 de outubro de 2021

Non supón achega económica

Addenda núm. 1 ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.

Ampliación do contido das cláusulas terceira (obrigas das partes) e cuarta (compensación de custos).

7 de outubro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 3 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade dos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo.

Modificación do contido da cláusula segunda. Compromisos da Xunta de Galicia para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes, así como ampliar a vixencia do convenio modificando a súa cláusula décima para axustar as achegas á realidade da execución dos traballos de tramitación do PXOM ata a súa aprobación definitiva.

21 de outubro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Servizo Galego de Saúde para desenvolver a Estratexia de economía circular do Servizo Galego de Saúde.

A regulación das relacións de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Servicio Galego de Saúde para a elaboración da Estratexia de economía circular do Servizo Galego de Saúde e a cooperación en materia de clima e saúde.

2 de novembro de 2021

15.000,00 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Bolo para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Bolo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do entorno do núcleo de Celavente.

4 de novembro de 2021

34.893,08 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribas de Sil para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribas de Sil, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización e humanización da parcela do campamento de turismo municipal.

8 de novembro de 2021

63.553,75 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da vía principal no lugar dos Novais.

12 de novembro de 2021

55.028,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda á habilitación dunha instalación específica para tratar residuos sanitarios (Tipo II e III) operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións da axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a Sogama para a xestión e o tratamento previo dos residuos sanitarios afectados pola COVID-19 para a súa valorización enerxética. En concreto, consiste no financiamento dunha instalación específica e temporal onde se levou a cabo a trituración e posterior transporte pneumático ao interior da caldeira para a súa incineración, garantindo así tanto a seguridade e a saúde dos traballadores como as condicións de emisións e parámetros establecidos na autorización ambiental integrada (AAI).

12 de novembro de 2021

982.828,25 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da praza e espazo público no entorno da Casa do Concello, centro de saúde e talleres culturais.

15 de novembro de 2021

35.495,33 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora das rúas da Igrexa, do Cemiterio e dos Lameiros no lugar do Tameirón.

24 de novembro de 2021

38.992,61 €

Adenda núm. 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de seis plantas de transferencia de residuos urbanos en Galicia, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Modificación das cláusulas 6ª, 8ª y 12ª do Convenio asinado o 26 de xullo de 2021.

26 de novembro de 2021

Non supón incremento do anterior convenio

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Parada de Sil para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Parada de Sil, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización e mellora de espazo público.

29 de novembro de 2021

125.770,83 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a fundación da universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento da análise da incidencia do cambio climático na costa galega, cofinanciado nun 80 % polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Regular o marco común de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para aumentar a resiliencia da costa de Galicia fronte ao cambio climático.

As actuacións comprendidas dentro do marco de colaboración deste convenio están dirixidas a realizar un traballo conxunto entre as institucións asinantes onde se desenvolva a produción científica e académica necesaria para definir e aplicar a meteoroloxía que permita avaliar os impactos do cambio climático na costa e a análise e avaliación dos riscos asociados, tendo en conta as especiais características da costa galega.

13 de decembro de 2021

159.000,00 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización, melloras bioclimáticas e aproveitamento dos recursos hídricos de San Pedro de Leirado.

16 de decembro de 2021

344.588,66 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado.

Establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela curriculares e extracurriculares, sexan presenciais ou telemáticas en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, adscritas ao cumprimento das funcións e competencias en materia científico-ambiental e en materia de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, así como en avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental para o logro da axeitada protección ambiental.

20 de decembro de 2021

Non supón achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Laracha para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Laracha, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do entorno do campo da feira de Paiosaco.

23 de decembro de 2021

92.105,74 €

Addenda núm. 1 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

23 de decembro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 2 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribadavia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

23 de decembro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de medio ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga.

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

27 de decembro de 2021

Non supón achega económica

Addenda núm. 2 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

28 de decembro de 2021

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial