Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2021/026-4).

Feitos:

Primeiro. O 29 de xaneiro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI Sandelle.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a instalación dun centro de transformación de tipo intemperie e cunha potencia de 50 kVA e dun XS para a protección do CT proxectado no apoio nº 8 C-1000/16. Proxéctase intercalar un apoio do tipo C-14/2000 no tramo da LMTA LES8096929, entre os apoios AE86LSDKG//35-29-6-4 e A874A4VB//35-29-6-5. As obras sitúanse no lugar de Sandelle, na parroquia de San Xiao de Vea, no concello da Estrada (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Estrada, Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

Terceiro. Mediante escrito do 22 de abril de 2021, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica mencionada ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Ademais, para aqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, o 21 de maio de 2021 publicouse o correspondente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no anuncio, non compareceu ningunha persoa interesada.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución do 22 de abril de 2021 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 18 de maio de 2021.

BOPPO (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra): 5 de maio de 2021.

Xornal La Voz de Galicia: 7 de maio de 2021.

Taboleiro de anuncios do Concello da Estrada desde o 26 de abril ao 5 de xullo de 2021 conforme certificado expedido polo propio Concello.

Durante o mencionado trámite, recibíronse as alegacións presentadas por Celia Mato Mato, Severino Lourido Rey, José Sueiro Loureiro, Celia Loureiro García, Cecilia Loureiro García, Maximino Fermín Buela Fuentes, Carlos Alberto Rodríguez Ameijeiras, Francisco Albino Bustelos e Dosinda Campos Teo. A seguir resúmese o seu contido:

Correccións da relación de bens e dereitos referente á titularidade das parcelas afectadas.

Que entre a afección da liña eléctrica e o camiño na zona sur da parcela 36017W518013250000JX queda unha pequena superficie. Solicitan que esa superficie sexa expropiada pois o seu pequeno tamaño imposibilita a súa posta en valor mediante unha plantación forestal.

Quinto. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. A seguir resúmese a contestación de UFD Distribución Electricidad, S.A.:

Con relación aos cambios de titularidade das parcelas afectadas da relación de bens e dereitos, UFD procedeu a cambiar a titularidade de todas as parcelas dos que achegaran documentación acreditativa da propiedade. Con relación á alegación de Francisco Albino Bustelo na cal informa que é o titular das parcelas 36017E509003630000HM e 36017E509003660000HR, UFD destaca a necesidade de acreditar esa titularidade. E con respecto á reclamación da titularidade realizada por Carlos Alberto Rodríguez Ameijeiras, UFD di que na documentación achegada por Carlos faise referencia á autorización do interesado e á documentación sucesoria, pero estas non constan na documentación recibida, polo que solicita que se achega esa documentación para as oportunas comprobacións.

Cando a expropiación implique só a necesidade de ocupación dunha parte da parcela de tal modo que como consecuencia daquela resulte antieconómico para o propietario a conservación da parte da parcela non expropiada, poderá solicitar da administración que a dita expropiación comprenda a totalidade da parcela.

Sexto. Os servizos técnicos da xefatura territorial, á vista da documentación contida no expediente, emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización e declaración de utilidade pública.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto-lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas do proxecto LMTA, CTI Sandelle, para a cal UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, son:

LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 901 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-14/2000, intercalado na LMTA LES8096929, entre os apoios AE86LSDKG//35-29-6-4 e A874A4VG//35-29-6-5, e final no centro de transformación proxectado. Tendido de 77 metros de condutor LA-56 entre o apoio proxectado e o existente A874A4VG//35-29-6-5. Centro de transformación intemperie, a 50 kVA, con RT 20 kV/400 V.

A instalación está situada no lugar de Sandelle, na parroquia de San Xiao, no concello da Estrada (Pontevedra).

Cuarta. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas e as respostas do promotor, exponse o seguinte:

Sobre a titularidade das parcelas e o valor antieconómico delas, cómpre indicar que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiatorio, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre as parcelas afectadas.

Tras as alegacións achegadas polas persoas afectadas, UFD achegou unha actualización da relación de bens e dereitos que queda confeccionada da seguinte forma:

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Veiga da Porta

Agrario

María Celia Loureiro García

1

1.44

66.0

923.0

2

Veiga

Agrario

María Celia Loureiro García

2

0.72

7.35

251.0

3

Codesal

Agrario

María Dorelle Matalobos

2

0.72

71.46

955.0

4

Codesal

Agrario

Manuel Mato Mato

103.4

5

Codesal

Agrario

Manuel Ángel Dorelle Matalobos

270.52

6

Leira Longa

Agrario

Manuel Mato Mato

349.48

7

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

99.65

8

Leira Longa

Agrario

María Celia Loureiro García

3

1.69

37.0

591.86

9

Leira Longa

Agrario

José Sueiro Loureiro

4.2

77.63

10

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

12.37

165.89

11

Leira Longa

Agrario

María Dorelle Matalobos

4

1.69

83.53

1122.24

12

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

719.52

13

Alargo

Agrario

Maximino Fermín Buela Fuentes

5

1.44

50.88

742.32

14

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

27.5

514.05

15

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

6

1.44

69.07

1105.13

16

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

7

0.85

33.38

533.67

17

Agro

Agrario

Dosinda Campos Teo

7

0.85

3.08

78.39

18

Agro

Agrario

Descoñecido

30.04

459.12

19

Agro

Agrario

Descoñecido

7.01

139.81

20

Agro

Agrario

María del Carmen Buela Fuentes

65.77

987.56

21

Cortiñas

Agrario

María del Carmen Buela Fuentes

8

6.83

51.35

398.0

22

Cortiñas

Agrario

Descoñecido

8, 9

17.02

85.3

748.3

23

Cortiñas

Agrario

Descoñecido

9

6.48

36.16

323.73

Conforme todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA, CTI Sandelle (expediente IN407A 2021/026-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguranza. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra