Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do proxecto modificado da instalación eléctrica substitución CTI Cela I no concello de Bueu (expediente IN407A 2020/188-4 modificado).

O 4 de novembro de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución CTI Cela I.

O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 17 de novembro de 2020 publicada nos seguintes medios: Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 2020, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 1 de decembro de 2020, xornal Faro de Vigo do 27 de novembro de 2020 e taboleiro de anuncios do Concello de Bueu desde o 23 de novembro de 2020 ao 12 de decembro de 2020.

O 20 de abril de 2021, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2020/188-4).

Debido ás modificacións substanciais necesarias no proxecto inicial, UFD Distribución Electricidad, S.A. presenta un proxecto modificado.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita o proxecto modificado da instalación eléctrica correspondente co expediente IN407A 2020/188-4 coas características que se describen:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución CTI Cela I (modificado).

Situación: Bueu.

Características técnicas: substitución do centro de transformación Cela (36AL81) de tipo intemperie e 160 kVA de potencia por un centro de transformación rural fin de liña, manobra exterior de 160 kVA telexestionado en envolvente prefabricada de formigón e relación de transformación 20.000/400 V. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1 de 41 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1600/15 (9UNI8HHG//14CT) e final no CT proxectado. As instalacións están situadas no lugar de Castrelo, na parroquia de Cela, no concello de Bueu (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2020/188-4 modificado.

Denominación: substitución CTI Cela I (modificado).

Situación: Bueu.

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Sup. dist. lindeiro (m²)

Canaliz. subst.

Sup. (m²)

Lonx.

Sup. (m²)

1

Rústico

36004A048002760000QI

Rosario San Pedro Nores

1

14,97

21,1

67,42

2

Rústico

36004A048002750000QX

Chelo García Cendón

10,12