Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1253

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 22 de decembro de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento municipais de Bergondo, para precisión das condicións de ordenación.

O Concello de Bergondo remite a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipais referida, para os efectos do artigo 60.14 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG) e artigo 144.14 e seguintes do seu regulamento, aprobado por Decreto 143/2016 (RLSG).

Analizada a documentación achegada; e, vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Bergondo dispón dunhas normas subsidiarias de planeamento municipais aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 28.10.1992 (texto refundido do 2.12.1992) ao abeiro de lexislación anterior á Lei 1/1997, do solo de Galicia.

2. O arquitecto municipal emitiu informe sobre a documentación ambiental o 3.11.2016.

3. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) emitiu o 9.1.2017 informe de contestación no trámite de consultas previsto no artigo 60.4 da LSG.

4. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico o 2.2.2017 (DOG do 23 de febreiro) no que se resolve non someter a modificación a avaliación ambiental estratéxica ordinaria. Nese trámite constan:

a) Instituto de Estudos do Territorio: informe do 10.1.2017, concluíndo que a modificación non terá un impacto significativo sobre a paisaxe.

b) Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica: informe do 4.1.2017, con observacións.

c) Consellería do Medio Rural: informe do 2.12.2016, sen obxeccións.

5. No expediente constan os informes do arquitecto municipal do 22.2.2017 e 10.11.2017; e da xurista de urbanismo municipal do 15.11.2017.

6. O Concello solicitou con carácter previo á aprobación inicial os seguintes informes:

a) Delegación de Patrimonio e Urbanismo Noroeste do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias: informe do 28.11.2017, favorable.

b) Axencia Galega de Infraestruturas: informe do 26.12.2017 sobre afeccións acústicas, con observacións.

c) Dirección Xeral de Aviación Civil: informe do 29.12.2017, con observacións.

d) Demarcación de Estradas do Estado en Galicia: informe do 27.11.2017, con observacións.

e) Deputación Provincial da Coruña: informe do 4.5.2018, favorable.

f) Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar: informe do 6.6.2018, con observacións.

g) Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en materia de costas: informe do 5.12.2017, con observacións.

7. Constan informes municipais de: arquitecto, do 5.12.2018 e 17.1.2019; e da xurista de urbanismo, do 10.1.2019, favorables con observacións, en relación co documento de aprobación inicial e a súa tramitación.

8. O Concello Pleno aprobou inicialmente a modificación en sesión do 31.1.2019. Foi sometida a información pública polo prazo de dous meses (La Voz de Galicia do 8.3.2019 e Diario Oficial de Galicia do 7.3.2019) e foron presentadas seis alegacións.

9. No que afecta os informes sectoriais autonómicos e audiencia aos concellos limítrofes (artigo 60.7 da LSG) a DXOTU emitiu informe sobre o resultado do trámite o 20.8.2019:

a) Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil: informe do 2.4.2019, no que se indica a non necesidade de informe da Comisión Galega de Protección Civil.

b) Axencia Galega de Infraestruturas: informe do 24.5.2019, desfavorable por razóns derivadas da normativa de ruído e de estradas.

c) Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: informe do 13.6.2019, favorable cunha condición relativa á nova redacción do artigo 132 da normativa proposta, en relación coa situación de fóra de ordenación dos elementos catalogados.

d) Sección de Minas da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria: informe do 13.5.2019, sen obxeccións.

e) Instituto de Estudos do Territorio: informe do 10.7.2019, sen obxeccións.

f) Foron solicitados os informes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia, que non foron emitidos en prazo.

g) Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Abegondo, Betanzos, Cambre, Paderne e Sada. Recibíronse respostas de Abegondo (4.4.2019), Cambre (3.4.2019) e Paderne (23.4.2019) todos sen obxeccións.

10. En materia de informes sectoriais non autonómicos, no expediente constan:

a) Delegación de Territorio e Urbanismo Noroeste do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias: informe do 20.5.2019, favorable con observacións xerais.

b) Área de Fomento da Subdelegación do Goberno na Coruña: informe do 13.5.2019.

c) Subdirección Xeral de Patrimonio do Ministerio de Defensa: informe do 29.3.2019, favorable.

d) Dirección Xeral de Aviación Civil: escrito do 28.5.2019, favorable.

e) Deputación Provincial da Coruña: informes do 16.5.2019 e do 2.8.2019, favorables.

f) Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do Ministerio de Economía e Empresa, informe do 3.7.2019 favorable.

g) Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica: informe do 17.6.2019, con observacións de carácter xeral.

h) Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento: informe do 22.11.2019, favorable.

11. O arquitecto municipal e a xurista de urbanismo municipal emitiron o 5.12.2019 cadanseu informe sobre as alegacións e informes presentados.

12. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu informe o 17.2.2020, con observacións.

13. A Axencia Galega de Infraestruturas emitiu informes o 24.5.2019 (desfavorable) e 19.8.2020 (favorable).

14. O arquitecto municipal emitiu informes o 10.9.2020 e o 14.9.2020 sobre o proxecto de modificación para aprobación provisional de data maio 2020, en sentido favorable. A xurista de urbanismo municipal emitiu o 15.9.2020 un informe no que propón a aprobación provisional, coa conformidade da secretaria e a interventora municipais.

15. A modificación foi aprobada provisionalmente polo Concello en Pleno con data de 24.9.2020.

16. A redactora presenta un documento de aprobación provisional de data novembro de 2020 e un novo informe da mesma data sobre o período de información pública, para a adaptación ás normas técnicas de planeamento. A xurista de urbanismo e o arquitecto municipal, coa conformidade da secretaria e da interventora municipais, emitiron un informe conxunto en data 17.11.2020, favorable ao novo documento achegado.

17. O Concello Pleno en sesión do 26.11.2020 aprobou a adaptación formal ás normas técnicas de planeamento do proxecto de modificación.

18. O concello remitiu o expediente á Xunta de Galicia o 10.12.2020. O Servizo de Urbanismo requiriu a emenda de eivas documentais o 30.12.2020. O Concello presenta nova documentación o 24.9.2021. A documentación inclúe, entre outra:

a) Informes en materia de costas previos á aprobación definitiva: estatal do 2.3.2021; e autonómico do 15.1.2021, ambos favorables.

b) Informes municipais: técnico, do 4.5.2021; e da xurista de urbanismo do 15.7.2021.

c) Proxecto adaptado ás formalidades do réxime transitorio da Orde do 10.10.2019, pola que se aproban as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

II. Obxecto e descrición do proxecto.

1. A modificación puntual ten por obxecto realizar os cambios pertinentes para precisar, definir e igualar criterios da normativa, que dificultan a xestión do planeamento vixente.

2. A modificación acada os artigos 20 bis, 25, 66, 94, 95, 101 bis, 105, 110, 116, 117, 118, 120, 128, 131 e 132 da normativa.

3. Asemade, engádese un artigo 5 bis sobre as normas directamente aplicables, resultado dos informes emitidos; e un plano de servidumes aeronáuticas.

III. Análise e consideracións.

1. Razóns de interese público: a modificación propón cambios na normativa fundamentados na necesidade de adaptar as normas á normativa posterior (LSG, RLSG e Decreto 29/2010) dando unha maior seguridade xurídica, o que ten abeiro como razón de interese público para a formulación de modificacións do planeamento (artigo 83.1 e concordantes da LSG).

2. Porén, respecta ás alteracións propostas, cómpre formular as seguintes observacións:

a) A nova redacción do artigo 25 Licenza municipal, non é coherente co resto do artigo que se mantén, o que cómpre clarexar modificando a redacción ou ben eliminar.

b) Na nova redacción do artigo 95 sobre criterios de medición de alturas no solo urbano, cómpre eliminar a referencia «o rústico», por mor do artigo 130.2 do RLSG, que prohibe ao plan xeral establecer condicións de edificación máis restritivas que as da LSG e o RLSG, que son de aplicación directa (disposición transitoria 1ª.2.d) da LSG).

c) No artigo 128 que inclúe usos terciarios e dotacionais na zona de industrial, cómpre engadir o mesmo parágrafo introducido ao final do artigo 105 para dar cumprimento á segunda determinación do informe ambiental estratéxico do 2.2.2017.

d) A nova redacción do artigo 132 ten por obxecto a súa adaptación á regulación do artigo 90 das LSG e do artigo 205 do RLSG, introducindo mencións ao establecido no artigo 40 e na disposición transitoria 3ª da LSG que non son aplicables no solo urbano (disposición transitoria 1ª.2 da LSG).

A competencia para resolver a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos artigos 60.16, 61.1, 83.5 da LSG e no artigo 146.1 e 200.5 do RLSG, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Bergondo, con subxección ás observacións formuladas no punto III.2 anterior.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese esta orde ao Concello.

5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda