Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/99-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Madrid pola enxeñeira industrial María Isabel López Ferrer, colexiada nº 17566 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, e que foi visado co nº 202102227, con data 21.6.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable que se incorpora no anexo I do proxecto.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: subestación Saceda 132/20 kV; ampliación do parque 132 kV con posición Coren.

Situación: Saceda, Concello de Ourense.

Orzamento: 250.745,00 €.

Características técnicas:

– Subestación Saceda 132/20 kV de 30.000 kVA. Ampliación parque intemperie de 132 kV con nova posición (posición Coren) equipada con tecnoloxía HIS no primario do transformador 132 kV, con illamento en gas SF6 e con configuración simple barra; lugar subestación de Saceda-Ourense.

Equipos:

• Un interruptor automático tripolar, 2.000 A e 31,5 kA.

• Un seccionador tripolar, 2.000 A e 31,5 kA, motorizado e con tres posicións (aberto, pechado e terra de interruptor).

• Tres transformadores de intensidade de relación 200-400-800/5-5-5-5 A, e potencias e clases de precisión 10 VA cl 0,2s (3,5 VA en 200 A), 15 VA cl 0,5 e 2×15 VA cl 5P20.

• Un armario de proteccións e telecontrol.

En materia de competencia o artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, recolle no seu punto 1.a) que esta xefatura territorial é competente para o outorgamento das autorizacións administrativas previas e de construción relativas a subestacións e centros de transformación de potencia inferior a 75.000 kVA (con independencia da tensión das súas posicións de liña).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 21 de decembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial Ourense