Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador en materia de industria IN635C 2021/96-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a incoación do expediente sancionador en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 21 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2021/96-4.

Interesada: Alquimak, S.L.

NIF: B94042322.

Acto notificado: incoación.