Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2021/80 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS Camiño da Fonte (O Incio).

Situación: concello do Incio.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio existente D75-67 tipo HV-15/630 da LMT TTL813 e final no apoio D75-67/1 proxectado tipo C-16/2000 que se vai intercalar na LMT TTL813, cunha lonxitude de 40 metros de van que se van retensar.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio proxectado tipo C-16/2000 que se vai intercalar na LMT TTL813, entra e sae no CT proxectado e remata nun empalme proxectado coa LMTS TTL813 que alimenta o CT terceira idade Incio (expediente 5672-AT), cunha lonxitude de 117 metros en condutor RHZ1-240 mm.

• CT compacto telecontrolado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia instalada de 250 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: mellora de subministración.

Orzamento: 98.480,26 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello do Incio.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (AXI).

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizarse por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, debendo achegar no seu momento, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 15 de decembro de 2021

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigos 36.3 e 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Administración Industrial