Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de varias parcelas pola instalación eléctrica LMTA ATI727, CTI na Bouza (expediente IN407 2021/205-4), prevista no termo municipal do Porriño.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícanselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA ATI727, CTI na Bouza (expediente IN407 2021/205-4) e a afección das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de decembro 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407 2021/205-4.

Denominación: LMTA ATI727, CTI na Bouza.

Concello: O Porriño.

Parcela

Titular

Apoio

Afeccións

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

m2

ml aér.

m2 aér

1

Campo Grande

Agrario

36039A01700584000DA

Descoñecido/a

1

1,21

16,96

255,03

2

Prado

Agrario

36039A017005820000DH

Descoñecido/a

0,24

4

Sabugueiro

Agrario

36039A017005860000DY

Descoñecido/a

20,59

370,22

5

Sabugueiro

Agrario

36039A017005870000DG

Descoñecido/a

10,15

163,08

8

Cotarel

Agrario

36039A017005990000DR

Descoñecido/a

14,78

243,03

14

Ferreiros

Agrario

36039A017004360000DO

Descoñecido/a

7,03

74,91

15

Ferreiros

Agrario

36039A017004350000DM

Descoñecido/a

14,12

205,73

16

Ferreiros

Agrario

36039A017004330000DT

Descoñecido/a

4,15

205,9

29

Ferreiros

Agrario

36039A017006240000DT

Descoñecido/a

4

0,68

430,8

30

Regenco

Agrario

36039A017008700000DH

Descoñecido/a

0,72