Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 5 de xaneiro de 2022 Páx. 480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2021/211-1).

Expediente-e: IN407A 2021/211-1.

Promotora: Electra do Foxo, S.L.

Denominación da instalación: reforma do P.F. Careixo, no lugar de Señoráns.

Concello: Vimianzo.

Feitos:

1. O 29 de outubro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de reforzar e garantir a subministración eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: reforma P.F. Careixo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Non se solicitou o preceptivo informe a ningunha Administración, organismo ou, de ser o caso, empresa de servizo público ou de servizo de interese xeral afectadas xa que a empresa promotora non achegou separatas.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1) O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2) A lexislación que se aplica neste expediente é a que deseguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3) As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

I. Conxunto de cabinería Ormazábal CGMCOSMOS modular para 24 kV/630 A/16 kA en categoría IAC-AFL composta por:

1. Cela de liña de entrada motorizada.

2. Cela de interruptor automático de protección xeral motorizada.

3. Cela de medida que contén no seu interior os transformadores de medida de tensión, intensidade e resistencia anti-ferroresoante. Destes transformadores tamén se toman os sinais necesarios para a protección.

4. Segunda cela de chave automática motorizada para a protección da liña de saída liña principal (L.P.) Careixo-Quintán de Treos (expedientes INA407A 2016/1219-1 e INA407A 2016/1220-1) e control do C.T. Castromil e Torelo.

5. Terceira cela de chave automática motorizada para a protección da liña de saída L.P. Careixo-Castro (expediente INA407A 2016/1203-1) e control dos centros de transformación (C.T.) Reboredo e Castro.

6. Cuarta cela de interruptor automático motorizada para a protección da liña de saída L.P. Careixo-Torrejallones (expedientes INA407A 2016/1223-1, INA407A 2016/1224-1, INA407A 2016/1225-1) e control dos C.T. Foxo, Rens, Señoráns, Aplazadoiro e Torrejallones.

7. Cela de liña de saída motorizada cara á cela remonte existente do C.T. Careixo localizada dentro da mesma envolvente xeral.

II. Conxunto de tres transformadores de intensidade por cada unha das catro posicións de interruptor automático toroidais de fase para a protección ANSI 50/51.

III. Un transformador de intensidade toroidal homopolar por cada posición de chave automática para a protección ANSI 67N.

IV. Equipos de telemando/SCADA que consistirán na instalación dos seguintes elementos:

1. Cadro de alimentación ininterrumpida en corrente continua.

2. Cadro de sistema de regulación para mantemento en 24 Vcc.

3. Armario mixto remota-planta onde se incorporarán relés de protección de liña (proteccións ANSI 50/51, 50/51N, 67N e 79) por cada posición de chave automática.

4. Armario de protección e control de circuítos.

4) No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña