Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021 Páx. 65777

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 16 de decembro de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Dodro (A Coruña).

O Concello de Dodro solicita a aprobación definitiva da modificación do Plan xeral de ordenación municipal arriba referida, en virtude do artigo 60.16 en relación co artigo 83.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LSG).

Analizada a documentación achegada e, vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Dodro dispón na actualidade dun Plan xeral de ordenación municipal que foi aprobado definitivamente o 27.12.2010 (DOG do 11.1.2011).

2. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe o 7.7.2020, para os efectos do trámite de consultas previsto no artigo 60.4 da LSG.

3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico o día 27.8.2020 (DOG do 9 de setembro), no que se resolve non someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. No marco dos procesos de consultas previas, contestaron, ademais da DXOTU:

A Axencia Galega de Infraestruturas, informe do 30.6.2020, con observacións.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, informe do 6.7.2020, con observacións.

O Instituto de Estudos do Territorio, informe do 17.7.2020.

A Dirección Xeral de Mobilidade manifestou que non tiña observacións que realizar.

4. A secretaria-interventora municipal emitiu informe o 23.11.2020; e o arquitecto municipal emitiu informe o 24.11.2020.

5. O Pleno do Concello aprobou inicialmente a modificación o 27.11.2020. Sometida a información pública por dous meses (El Correo Gallego do 5 de decembro e Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), presentándose cinco alegacións.

6. Consta a emisión dos seguintes informes non autonómicos:

Ministerio de Defensa do 28.12.2020, favorable.

DX Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) do 17.1.2021, de carácter favorable.

Subdelegación do Goberno na Coruña (Área de Fomento) do 8.2.2021.

Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) do 4.2.2021.

Deputación Provincial da Coruña do 9.4.2021.

Dirección Xeral da Costa e o Mar (Mº para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) do 2.6.2021 (artigo 117.1 da Lei de costas) e do 27.10.2021 (artigo 117.2 da Lei de costas).

7. Consta a emisión dos seguintes informes autonómicos preceptivos:

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do 26.1.2021.

Augas de Galicia do 2.3.2021.

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 20.4.2021, favorable condicionado.

Instituto de Estudos do Territorio, en materia de paisaxe, do 26.4.2021; e en materia de directrices de paisaxe, do 11.11.2021.

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en materia de costas, do 3.12.2021.

8. Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Lousame, Padrón, Rianxo e Rois, e recibíronse respostas de Lousame, Padrón e Rianxo.

9. O arquitecto municipal emitiu informe o 9.8.2021; e a secretaria-interventora municipal emitiu informe o 9.8.2021.

10. O Pleno do Concello de Dodro aprobou provisionalmente a modificación o 12.8.2021.

11. A solicitude de aprobación definitiva realizouse mediante oficio do 17.8.2021, recibíndose nova documentación os días 1.10.2021, 11.10.2021, 2.11.2021 e 19.11.2021.

II. Obxecto e descrición da modificación.

1. A modificación ten como obxecto corrixir erros da cartografía empregada no PXOM, por incorrecto grafismo de certos camiños, o que repercute directamente nas aliñacións fixadas.

2. A modificación atinxe a viario dos núcleos da Igrexa, Revixós e Vigo (parroquia de Dodro), Reboiras, Rial de Lagoa, Sar, Tarrío e Bustelo (parroquia de San Xoán de Laíño).

3. O plan xeral representa camiños inexistentes na actualidade en Rial de Lagoa, Tarrío e Sar, e non representa outros existentes nos núcleos de Bustelo, Reboiras, Revixós e Vigo, polo que a modificación pretende revisar a cartografía e actualizar os planos que se vexan modificados.

III. Análise e consideracións.

1. A modificación da satisfacción ás observacións efectuadas no informe emitido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en data o 7.7.2020.

2. Consta como anexo I unha memoria xustificativa de adaptación ao ambiente e protección da paisaxe, requirida nos informes emitidos no expediente polo Instituto de Estudos do Territorio.

3. Segundo o artigo 3 da normativa do Plan de ordenación do litoral, as determinacións deste non serán de aplicación nos ámbitos clasificados polo planeamento en vigor como solo urbano consolidado ou solo de núcleo rural, ou que adquiran esa clasificación en virtude de expedientes de primeira formulación, modificación ou revisión daquel. Por conseguinte, desde o punto de vista da adaptación ao POL, non se formulan obxeccións á modificación puntual proposta.

A competencia para resolver a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos artigos 60.16, 61.1, 83.5 da LSG, e nos artigos 146.1 e 200.5 do RLSG, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese esta orde ao Concello.

5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda