Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2012/0195-4 e un máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2012/0195-4.

Acta: I362012000075477.

Empresa: Comercial Vilanova, S.L.

Domicilio: Camiño do Curro, s/n, Barro.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 8, 9, 20 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores; artigo 4 e anexo 1.10 do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo; e artigo 24 e capítulo 7 do título II da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.b), 12.10, 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.11.2021.

Resolución: multa de 75.003 €.

Expediente: RL 2012/0201-4.

Acta: I362012000075679.

Empresa: Grupo M.G.O., S.A.

Enderezo: r/ Santa Rita, 9, Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e artigo 14 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigo 12.22 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.11.2021.

Resolución: multa de 20.491 €.

Vigo, 14 de decembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra