Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da fábrica de produtos lácteos que Celega, S.L. posúe no concello do Saviñao (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-27).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

Celega, S.L. Revisión de autorización ambiental integrada. Outubro de 2021.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-27.

Peticionaria: Celega, S.L.

NIF: B27103837.

Domicilio social: estrada Torre de Freán, Vilatán, s/n, O Saviñao (Lugo).

Localización da instalación: estrada Torre de Freán, Vilatán, s/n, O Saviñao (Lugo).

Actividade: fábrica de produtos lácteos (leite, nata, soro, produtos lácteos fraccionados, queixo mozzarella e leite callado), englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta dunha nave principal de procesado de produtos lácteos con silos exteriores, EDARI, zona exterior pavimentada con báscula, lavadoiro e aparcamento; centro de transformación, planta de gas e zona de secado de lodos.

Verteduras:

Os tipos de augas residuais xeradas nas instalacións clasifícanse en:

• Augas residuais tratadas na EDARI: augas sanitarias, augas de proceso industrial procedentes da limpeza de equipamentos, locais, lavadoiro de camións, zona de báscula e de descarga de cisternas e augas procedentes da concentración de leite e soro.

• Augas residuais non tratadas: augas pluviais que proceden dos patios da planta e dos tellados e se verten sen tratamento ou paso previo por un separador de hidrocarburos no caso das procedentes dos aparcadoiros.