Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0036-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2013/0036-4.

Acta: I362013000006546.

Empresa: MC SPA Sociedad de Prevención, S.L.

Enderezo: r/ Provença, 319-321, 1º, Barcelona.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 3, 4, 6, 8, 9 e 19 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, e artigo 31 en relación co establecido no artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2 e 12.22 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 23.11.2021.

Resolución: declarar a caducidade da acta de infracción número I362013000006546, sen prexuízo de que, se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida estender unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 15 de decembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra