Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2021 polo que se sinalan as datas e se citan as persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e a ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, que se precisan ocupar para a execución do polígono número un do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Mediante Resolución do 26 de novembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 239, do 15 de decembro), aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número un do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar os titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

En consecuencia,

ACORDO:

Convocar e citar as persoas titulares dos bens e dereitos afectados que constan neste expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (sito na rúa Concepción Arenal, 8) os días 24 e 25 de xaneiro de 2022, nas horas e orde sinaladas no anexo que se xunta, para o caso de pagamento e posterior levantamento das actas. Así mesmo, o levantamento da acta de ocupación, para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto, será o día 28 de xaneiro de 2022, ás 13.00 horas.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, consignándose en caso contrario, ás persoas interesadas que acrediten en legal forma a súa titularidade e, para tal efecto, a persoa interesada achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.)

Que, se a persoa expropiada non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia da persoa interesada por si ou debidamente representada con poder suficiente e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesaria a comparecencia de todas elas por si ou debidamente representadas con poder suficiente.

Co fin de que os actos de formalización das actas derivadas do procedemento expropiatorio se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, establécense as seguintes indicacións:

– As persoas interesadas poderán confirmar a data e a hora fixadas para a realización do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

– No momento de atención, o persoal da Administración e da asistencia técnica, así como as persoas que comparezan, usarán máscara de protección ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. Non obstante, a Administración facilitará EPI no caso de que as persoas expropiadas non dispoñan deles.

– En caso de detectarse posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

– Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

– Establécese a obriga de permanecer no local o tempo estritamente necesario.

– Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo e notificaráselle ao Ministerio Fiscal, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación as persoas interesadas descoñecidas, aos que se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na listaxe anexa a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Listaxe de parcelas e persoas titulares citadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación

Núm. de orde

Referencia catastral

Nome

Data de citación

Hora de citación

63A

C.H. de Alcira Rodríguez Costas

24.1.2022

9.30

147

C.H. de Alcira Rodríguez Costas

24.1.2022

9.30

64A

Villar Méndez, Fernando, María Pilar, Virginia, María del Carmen e Francisco Javier; Méndez Alonso, Isolina

24.1.2022

9.30

151

9935863NG1793N

Villar Méndez Fernando, José, María Pilar, Virginia, María del Carmen, José Manuel e Francisco Javier; Méndez Alonso, Isolina

24.1.2022

9.30

157

9935840NG1793N

Villar Méndez Fernando, María Pilar, Virginia, María del Carmen e Francisco Javier; Méndez Alonso, Isolina

24.1.2022

9.30

70-1

9736126NG1793N

Romero Fernández, Feliciano; Sierra Vázquez, Rosa

24.1.2022

9.30

71

9736127NG1793N

Pérez Estévez, José

24.1.2022

10.00

73

9838421NG1793N

Rodríguez Iglesias, Manuel

24.1.2022

10.00

75

9838402NG1793N

Cadavid Pérez, Francisco

24.1.2022

10.00

75-1

9838433NG1793N

Cadavid Pérez, Francisco

24.1.2022

10.00

77

9736113NG1793N

Alonso Cochón, Ángel; Cochón Barreiro, María Josefa

24.1.2022

10.30

77-AR1

9736113NG1793N

La Barca, Pasiva

24.1.2022

10.30

77-AR2

9736113NG1793N

Acosta López, Martín; López Parada, Elizabeth e Alberto Ramón

24.1.2022

10.30

78

9736114NG1793N

C.H. de Marcial Goberna Fernández

24.1.2022

11.00

78-1

97361F0NG1793N

C.H. de Marcial Goberna Fernández

24.1.2022

11.00

79

9736115NG1793N

Díaz Díaz, Elena

24.1.2022

11.00

80

9736116NG1793N

Goberna, Julia

24.1.2022

11.00

81

9736117NG1793N

Abreu Janeiro, Elvira; Fernández Abreu, Robert e Beatriz

24.1.2022

11.30

81-1

97361E6NG1793N

Abreu Janeiro, Elvira; Fernández Abreu, Robert e Beatriz

24.1.2022

11.30

82

9736118NG1793N

Costas Costas, Mercedes

24.1.2022

11.30

83

9736119NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario; Costa Boronat, Juan Ignacio

24.1.2022

11.30

84

97361F5NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario; Costa Boronat, Juan Ignacio

24.1.2022

11.30

84-1

97361F6NG1793N

Dasilva Caballero, Julita María del Rosario; Costa Boronat, Juan Ignacio

24.1.2022

11.30

87

9736124NG1793N

Cid González, Carla e Marta

24.1.2022

12.00

89

97361E8NG1793N

42 Norte, S.A

24.1.2022

12.00

90-1

97361G0NG1793N

Rial Alonso, José Luis; Iglesias Pérez, María Dolores

24.1.2022

12.00

102

9935817NG1793N

Alonso Aldao, Eduardo; González Otero, Flora

24.1.2022

12.30

105

9935871NG1793N

C.H. de María Teresa Celaya Alonso

24.1.2022

12.30

116

9935815NG1793N

Costas González, María Consuelo

24.1.2022

12.30

117

9935814NG1793N

Estévez Comesaña, Luis e Severino; Liboreiro Abalde, Antonio

24.1.2022

13.00

155

9935861NG1793N

Estévez Comesaña, Luis e outros

24.1.2022

13.00

119

9935810NG1793N

Giadas Nieto, Teresa; Cabada Giadas María Cristina e María Teresa

24.1.2022

13.00

120

9935875NG1793N

Rey Goberna, Lisardo

24.1.2022

13.00

131-A

Rodríguez Díaz, José Luis; Pena Ramos, María Teresa

24.1.2022

13.30

133

9935829NG1793N

Alonso

24.1.2022

13.30

141

9935857NG1793N

C.H. de Florentino Alonso Rial

24.1.2022

13.30

114

0036101NG2703N

Descoñecido

24.1.2022

13.30

118

9935813NG1793N

Descoñecido

24.1.2022

13.30

145

9935834NG1793N

Descoñecido

24.1.2022

13.30

164-1

9935879NG1793N

Descoñecido

24.1.2022

13.30

194

9733823NG1793S

Descoñecido

24.1.2022

13.30

205

9933116NG1793S

Descoñecido

24.1.2022

13.30

143

9935864NG1793N

C.H. de Carmen Faria Comesaña

25.1.2022

9.30

152

9935859NG1793N

Fernández Freire, Francisco Javier

25.1.2022

9.30

153

9935860NG1793N

Comesaña Pardellas, Benigna Concepción

25.1.2022

9.30

153-1

9935860NG1793N

Comesaña Pardellas, Benigna Concepción

25.1.2022

9.30

162

9935852NG1793N

Pazo Palmas, Teresa de Jesús

25.1.2022

10.00

167

9935801NG1793N

C.H. de José Gestoso Rodríguez; Rodríguez Gestoso, Purificación; Alonso Gestoso, María Jesús

25.1.2022

10.00

173

9733849NG1793S

Pedra Seixa, S.L.

25.1.2022

10.00

174

9733820NG1793S

Fernandez Comesaña, Guillermo

25.1.2022

10.30

176

9935845NG1793N

Álvarez Davila, María Teresa del Carmen e María Concepción

25.1.2022

10.30

176-1

9935876NG1793N

C.H. de Jesús Fernández González

25.1.2022

10.30

192

9733825NG1793S

Saure, S.L.

25.1.2022

11.00

193

9733824NG1793S

Comesaña Pazó, José

25.1.2022

11.00

197

9733815NG1793S

Martínez de Alegría Martínez de Ilarduya, María Elena

25.1.2022

11.00