Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2021 polo que se sinalan as datas e se citan as persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e a ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 239, do 15 de decembro), aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a fixación definitiva do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar as persoas titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

En consecuencia,

ACORDO:

Convocar e citar as persoas titulares dos bens e dereitos afectados que constan neste expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (sito na rúa Concepción Arenal, 8), os días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2022, nas horas e na orde sinaladas no anexo que se xunta, para o caso de pagamento e posterior levantamento das actas. Así mesmo, o levantamento da acta de ocupación, para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto, será o día 28 de xaneiro de 2022, ás 13.00 horas.

Para estes actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, e consignarase en caso contrario, ás persoas interesadas que acrediten na forma legal a súa titularidade e, para tal efecto, a persoa interesada achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito previstos con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Que se a persoa expropiada non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio, ou existise contenda respecto da titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia da persoa interesada en por si ou debidamente representada con poder suficiente, e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesaria a comparecencia de todas elas en por si ou debidamente representadas con poder suficiente.

Co fin de que os actos de formalización das actas derivadas do procedemento expropiatorio se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, establécense as seguintes indicacións:

– As persoas interesadas poderán confirmar a data e a hora fixadas para a realización do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propor outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

– No momento de atención, o persoal da Administración e da asistencia técnica, así como as persoas que comparezan, usarán máscara de protección ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. Non obstante, a Administración facilitará o EPI no caso de que as persoas expropiadas non dispoñan deles.

– En caso de se detectaren posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

– Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

– Establécese a obriga de permanecer no local o tempo estritamente necesario.

– Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo, e notificaráselle ao Ministerio Fiscal, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que lles servirá de notificación as persoas interesadas descoñecidas, das cales se ignore o lugar de notificación ou as que, unha vez intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente aos titulares dos predios que figuran no listado anexo a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Listaxe de parcelas e persoas titulares citadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación

Núm. de orde

Referencia catastral

Nome

Data de citación

Hora de citación

293

9728404NG1792N

C.H. de Cándido Costas Costas

24.1.2022

11.30

293-1

9728404NG1792NBIS

Costas Costas, Mercedes

24.1.2022

11.30

301

9827305NG1792N

Costas Costas, Mercedes

24.1.2022

11.30

236

9733833NG1793S

C.H. de Eugenio Goberna Fernández; Domínguez Pombal, María Divina

25.1.2022

9.30

319

9729222NG1792N

Prado Comesaña, Guillermo

25.1.2022

10.00

1-1

0039845NG2703N

Pedrosa Salgueiro, María Jesús e María José

25.1.2022

11.30

7

0039889NG2703N

Cameselle Costas, María del Carmen

25.1.2022

11.30

9

0039862NG2703N

Costas Barreiro, Manuel

25.1.2022

11.30

13

0039857NG2703N

Amor de Dios, Hermanas del Colegio Amor de Dios en Alcabre

25.1.2022

12.00

16

0039868NG2703N

Lago Iglesias, Antonio, María Dolores e Juan José

25.1.2022

12.00

16AR

0039868NG2703N-AR

Dasilva Dorma, Enrique

25.1.2022

12.00

18

0039870NG2703N

Pérez Rodríguez, Dolores; Codias Pérez, Isabel e Alicia

25.1.2022

12.30

26

0039856NG2703N

Portabales Lago, Ángel Luis, María Concepción e Juan Manuel

25.1.2022

12.30

28

0039876NG2703N

Portabales Lago, Ángel Luis, María Concepción e Juan Manuel

25.1.2022

12.30

28AR

0039876NG2703N-AR

Mocalva, S.L.

25.1.2022

12.30

29

0039855NG2703N

Bea Costas, José Antonio; Puentes Vilar, María de los Ángeles

25.1.2022

13.00

231

9733805NG1793S

C.H. de José Fernández Vilas

25.1.2022

13.00

39

0039823NG2703N

Diocese de Tui-Vigo

25.1.2022

13.00

51

0039819NG2703N

Agulla Grandal, María Eugenia; Dinicola, Claudio

25.1.2022

13.30

51AR

0039819NG2703N-AR

Dinicola, Claudio

25.1.2022

13.30

54

0039822NG2703N

Blanco Rial, Florentina, María del Carmen, Serafín, José Antonio, Margarita, Jesús, Amparo, Emilio, Francisco Javier e Jorge Juan; Blanco Sanromán, María Belén, María Isabel, María José e Manuel

25.1.2022

13.30

65

0039810NG2703N

Goberna Costas, Rosa Carmen

25.1.2022

13.30

24

0039887NG2703N

Descoñecido

25.1.2022

13.30

25

0039888NG2703N

Descoñecido

25.1.2022

13.30

34

0039851NG2703N

Armada Costas, María del Carmen

26.1.2022

9.30

36

0039885NG2703N

Alonso Costas, Pilar

26.1.2022

9.30

242

9631814NG1793S

Fernández Santos, Manuel

26.1.2022

9.30

255

9631817NG1793S

Landesa Losada, María Isabel

26.1.2022

10.00

304

9827321NG1792N

Landesa Losada, María Isabel

26.1.2022

10.00

315

9729235NG1792N

Landesa Losada, María Isabel

26.1.2022

10.00

315-A

9729237NG1792N

Comesaña Comesaña, María del Carmen

26.1.2022

10.00

270

9830230NG1793S

Costas Costas, Jesús

26.1.2022

10.00

271

9830231NG1793S

Couso Costas, Eduardo

26.1.2022

10.30

235

9733851NG1793S

López Oliveira, Isabel

26.1.2022

10.30

274

9830228NG1793S

C.H. de María Teresa Alonso Comesaña; Costas Alonso, Juan Pedro

26.1.2022

10.30

241

9631821NG1793S

Álvarez, Pilar

26.1.2022

11.00

31

0039854NG2703N

Mariño Rodriguez, Víctor; Armada Costas, Matilde

26.1.2022

11.00

331

9827317NG1792N

Rial Prado, Martín; Costas Alonso, María Teresa

26.1.2022

11.00

305

9827325NG1792N

Goberna Costas, José Manuel

26.1.2022

11.00