Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2021 polo que se sinalan as datas e se citan as persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e a ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Mediante Resolución do 26 de novembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 239, do 15 de decembro), aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar as persoas titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

En consecuencia,

ACORDO:

Convocar e citar as persoas titulares dos bens e dereitos afectados que constan neste expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (sito na rúa Concepción Arenal, 8) os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xaneiro de 2022, nas horas e orde sinaladas no anexo que se xunta, para o caso de pagamento e posterior levantamento da acta. Así mesmo, o levantamento da acta de ocupación, para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto, será o día 28 de xaneiro de 2022, ás 13.00 horas.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, consignándose en caso contrario, ás persoas interesadas que acrediten en legal forma a súa titularidade e, para tal efecto, a persoa interesada achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Que, se a persoa expropiada non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia da persoa interesada por si ou debidamente representada con poder suficiente e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesario a comparecencia de todas elas por si ou debidamente representadas con poder suficiente.

Co fin de que os actos de formalización das actas derivadas do procedemento expropiatorio se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, establécense as seguintes indicacións:

– As persoas interesadas poderán confirmar a data e a hora fixadas para a realización do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

– No momento de atención, o persoal da Administración e da asistencia técnica, así como as persoas que comparezan, usarán máscara de protección ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. Non obstante, a Administración facilitará EPI no caso de que as persoas expropiadas non dispoñan deles.

– En caso de detectarse posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

– Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

– Establécese a obriga de permanecer no local o tempo estritamente necesario.

– Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo e notificaráselle ao Ministerio Fiscal, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación as persoas interesadas descoñecidas, as que se ignore o lugar de notificación ou as que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente as persoas titulares dos predios que figuran na listaxe anexa a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Listaxe de parcelas e persoas titulares citadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación

Núm. de orde

Referencia catastral

Nome

Data de citación

Hora de citación

423

0535813NG2703N

Suárez Costas, María Victoria

24.1.2022

13.00

338-1-AR1

0340602NG2704S-AR1

Mocalva, S.L.

25.1.2022

12.30

360-AR

0339716NG2703N-AR

Mocalva, S.L.

25.1.2022

12.30

359-1

0339708NG2703N

C.H. de José Fernández Vilas

25.1.2022

13.00

332

0339701NG2703N

Iglesias Pazó, Josefa Clara

26.1.2022

11.30

332-AR

0339701NG2703N-AR

Porto Valla Publicidad Exterior, S.L.

26.1.2022

11.30

333

0340501NG2704S

Carril Comesaña, Roberto e Joaquín

26.1.2022

11.30

333-AR

0340501NG2704S-AR

Alpha Publicidad Exterior

26.1.2022

12.00

333-1AR

0340501NG2704S-1-AR

Alpha Publicidad Exterior

26.1.2022

12.00

333-1

0340502NG2704S

Comesaña Pardellas, Amalia Isabel; Carril Comesaña, Roberto e Joaquín

26.1.2022

12.00

334

0340607NG2704S

Iglesias Barreiro, José Manuel e Dolores

26.1.2022

12.00

335

0340606NG2704S

Pena Barreiro, Norberto, María Mercedes e Isolina; Benítez Pena, Armando

26.1.2022

12.30

375

0438514NG2703N

Pena Barreiro, María Mercedes

26.1.2022

12.30

336

0340605NG2704S

Abalde Filgueira, Catalina de la Paz

26.1.2022

12.30

337

0340604NG2704S

Abalde Pérez, Jaime; Gil Pérez, María del Carmen

26.1.2022

13.00

338

0340602NG2704S

C.H. de Elvira Álvarez Abalde

26.1.2022

13.00

358

0438519NG2703N

C.H. de Elvira Álvarez Abalde

26.1.2022

13.00

403

0536321NG2703N

C.H. de Elvira Álvarez Abalde

26.1.2022

13.00

338-AR4

0340602NG2704S-AR4

Vantage Towers, S.L.U.

26.1.2022

13.00

338-AR2

0340602NG2704S-AR2

Impacto, S.L.

26.1.2022

13.30

373-AR

0438513NG2703N-AR

Impacto, S.L.

26.1.2022

13.30

358-AR

0438519NG2703N-AR

Barral Río, Fernando Alonso

26.1.2022

13.30

403-AR

0536321NG2703N-AR

Exterior Media Spain, S.A.

26.1.2022

13.30

338-1

0340601NG2704S

Camping Rías Baixas, S.L.

27.1.2022

9.30

340

0339702NG2703N

Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L.

27.1.2022

9.30

342

0339704NG2703N

González Costas, María Carmen

27.1.2022

9.30

344

0339706NG2703N

Comesaña Rodríguez, María Carmen; Freire Comesaña, Antonio, Luis Ignacio e Santiago Jesús

27.1.2022

10.00

348

0438520NG2703N

Monroy Álvarez, María Mercedes; González Rodríguez, Antonio

27.1.2022

10.00

350

0438503NG2703N

Iglesias Fernández, María José; Pisos Carballo, Manuel

27.1.2022

10.00

351

0438505NG2703N

Mouriño Álvarez, María Josefa

27.1.2022

10.00

354

0438521NG2703N

Álvarez Pazó, María Elena

27.1.2022

10.00

356

0438523NG2703N

Montenegro Costas, José, Elena, Paulino e Adolfo

27.1.2022

10.00

359

0339709NG2703N

Melero González, José María e María Isabel

27.1.2022

10.30

359-AR

0339709NG2703N-AR

Recuperación y Tratamiento de la Soldadura, S.L., Retrasol

27.1.2022

10.30

365

0339710NG2703N

Fernández Comesaña, Francisco Javier e María Rosario; C.H. de Silvia Fernández Vieitez

27.1.2022

10.30

367

0536310NG2703N

Mallo Hermida, Eladino

27.1.2022

11.00

371

0438511NG2703N

Rodríguez García, Juan; Castiñeiras Rodríguez, Jorge Juan; Martínez Buceta, María Esther; López Veloso, Rosa Cristina

27.1.2022

11.00

373

0438513NG2703N

C.H. de María Barreiro Abalde; Iglesias Barreiro, Ángel, Barreiro Domínguez, María Carmen e María Pilar; Pena Barreiro, Isolina; Fernández Barreiro, María Carmen

27.1.2022

11.00

374

0438526NG2703N

Fernández Alonso, Adelaida

27.1.2022

11.30

376

0536308NG2703N

C.H. de Adelina Costas Pérez

27.1.2022

11.30

401

0535801NG2703N

C.H. de Adelina Costas Pérez

27.1.2022

11.30

377

0536307NG2703N

Costas Pérez, Carmen

27.1.2022

12.00

378

0536306NG2703N

Costas Pérez, Jaime

27.1.2022

12.00

379

0536305NG2703N

C.H. de Cándido Costas Pérez

27.1.2022

12.00

380

0536304NG2703N

Oitaben Abalde, María Amparo

27.1.2022

12.30

382

0437901NG2703N

Fernández Fernández, Ventura

27.1.2022

12.30

383

0437902NG2703N

Costas Fernández, Carlos

27.1.2022

12.30

383-AR

0437902NG2703N-AR

Jcdecaux (Avenir)

27.1.2022

13.00

423-AR

0535813NG2703N-AR

Jcdecaux (Avenir)

27.1.2022

13.00

384

0437903NG2703N

Villa González, Vanesa

27.1.2022

13.00

341

0339703NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

345

0339707NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

360

0339716NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

361

0339714NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

362

0339713NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

408

0535817NG2703N

Descoñecido

27.1.2022

13.30

390

0536312NG2703N

C.H. de Encarnación Abalde Ulla

28.1.2022

9.30

393

0536315NG2703N

Bautista Araujo, María del Carmen; Iglesias Araujo, Francisco, María Asunción e Manuel; Iglesias Baptista, Ana Belén

28.1.2022

9.30

395

0536317NG2703N

Bautista Araujo, María del Carmen; Iglesias Araujo, Francisco, María Asunción e Manuel; Iglesias Baptista, Ana Belén

28.1.2022

9.30

417

0535808NG2703N

Bautista Araujo, María del Carmen; Iglesias Araujo, Francisco, María Asunción e Manuel; Iglesias Baptista, Ana Belén

28.1.2022

9.30

418

0535809NG2703N

Bautista Araujo, María del Carmen; Iglesias Araujo, Francisco, María Asunción e Manuel; Iglesias Baptista, Ana Belén

28.1.2022

9.30

394

0536316NG2703N

Abalde Pintos, Emilio Cisneros, María del Carmen, Emma e Eduardo

28.1.2022

9.30

402

0535802NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

28.1.2022

10.00

406

0535819NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

28.1.2022

10.00

407

0535818NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

28.1.2022

10.00

416

0535807NG2703N

Fernández da Cruz, Desiree

28.1.2022

10.00

419

0535810NG2703N

Bankia, S.A.

28.1.2022

10.00

422

0535814NG2703N

Ferreiro García, María Concepción

28.1.2022

10.30

386

0437905NG2703N

Concello de Vigo

28.1.2022

10.30

388

0536325NG2703N

Concello de Vigo

28.1.2022

10.30

399

0536324NG2703N

Concello de Vigo

28.1.2022

10.30