Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 29 de decembro de 2021 Páx. 64780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando no se poida determinar a identidade da persoa responsable de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a continuación se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Lugar

Propietario

Expediente

7582356NJ6078S0000OS

Cardeita, Cabanas

En investigación

874/2021

No cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU).

A partir desta última publicación comezará a computar o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, retirada de especias arbóreas prohibidas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Cabanas.

Cabanas, 7 de decembro de 2021

Iago Varela Martínez
Alcalde accidental