Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63779

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2021, de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (código de procedemento BS310Q).

No Diario Oficial de Galicia número 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 3 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emitiu a resolución ditada no procedemento BS310Q, na especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado https://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 3 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea no ano 2021, e tamén na páxina web https://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 3 de novembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou do contido das obras presentadas por calquera medio que se crea oportuno, sen máis limitacións ca as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Política Social, que entenderá que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas e poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como na autorización da edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Política Social (https://xuventude.xunta.es/), das redes sociais e nos demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e pólos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicar de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de videocreación
do programa Xuventude Crea no ano 2021
(DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo) establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor en vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da Especialidade de Videocreación asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, as cales foron trasladadas ao órgano instrutor para realizar a proposta de resolución dos premios da devandita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude, resolve:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea no ano 2021, convocados na devandita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes excluídas.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº expediente

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio (€)

1º premio

Exp. 2021/64

Aarón Vilariño Figueiras

***5402**

Analónimo

Peixe

67

3.000

2º premio

Exp. 2021/122

Mario Fernández Filloy

***9768**

Maff

Vulgaris

63

1.500

3º premio

Exp. 2021/206

Juan Rodríguez Bas

***7772**

O principio do movemento

O principio do movemento

59

500

Exp. 2021/283

Alba Rodríguez Villar

***1734**

Avakinski

Quebec delta

59

500

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2021

Nº expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

2021/010

Raquel Bibián Fernández

***0550**

Rata de monte

2021/040

David Vila Moreira

***1855**

CMSA

2021/108

Daniel Pérez Domínguez

***5348**

Delusión

2021/130

Diego Simón Vila

***9786**

Vida en confinamento

2021/132

Pedro Chavarría Farto

***2885**

PC

2021/178

Andrés Sanjurjo García

***5167**

É inutil preguntar!

2021/179

Aarón Barreira Diz

***5180**

Titiriteiro

2021/185

Lucía Rúa Lourido

***9085**

Aivaichispún

2021/210

Iris Rodríguez Justo

***4763**

Nimbos

2021/280

Jorge Barbosa Teixeira

***5840**

Skymirror

2021/281

Daniel Enmanuel Iglesias Saraiva

***9419**

Autorretrato 2021

2021/282

Marta Rodríguez Lázaro

***4298**

Narcisos

2021/285

Marcos Lourido Rivas

***2350**

Atropos

2021/290

José Ramón Carreira Núñez

***0544**

Mon

2021/295

Jorge Ángel Piñeiro Acevedo

***9501**

Tekno-cracia

2021/321

Sara Casanova Martínez

***7609**

Baquelita

2021/326

Raquel Luaces Fernández

***2789**

Myrce

2021/330

Rita Sánchez Dosil

***0481**

Risa

ANEXO III

Relación de solicitudes excluídas
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2021

Nº expediente

Nome e apelidos

Causa de exclusión

2021/181

María Francesca Loffredo

Incumpre por non estar feita na totalidade en galego (artigo 44.1 da orde)

2021/272

Manuel Enrique Rodríguez Pimentel

Incumpre por non estar feita na totalidade en galego (artigo 44.1 da orde)

2021/327

Aroa Carro Mourelo

Incumpre por non estar feita na totalidade en galego e supera a duración máxima (artigos 44.1 e 44.5 da orde)