Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63784

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 8 de novembro de 2021, de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (código de procedemento BS310Q).

No Diario Oficial de Galicia número 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 8 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, emitiu a resolución ditada no procedemento BS310Q, na especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación terá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado https://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 8 de novembro de 2021 ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea no ano 2021, e tamén na páxina web https://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 8 de novembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou do contido das obras presentadas por calquera medio que se crea oportuno, sen máis limitacións ca as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Política Social, que entenderá que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas e poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como na autorización da edición e reprodución en favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Política Social (https://xuventude.xunta.es/), das redes sociais e nos demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e pólos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicar de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de novela curta
do programa Xuventude Crea no ano 2021
(DOG núm. 130, do 9.7.2021)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo) establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

No seu artigo 15 regúlase a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor en vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da Especialidade de Novela Curta asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, as cales foron trasladadas ao órgano instrutor para realizar a proposta de resolución dos premios da devandita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, resolve:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea no ano 2021, convocados na devandita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Publicar a relación de solicitudes que non obtiveron premio no anexo II.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas
Especialidade de novela curta
Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº expediente

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio (€)

1º premio

BS310Q 2021/267

Alba Guzmán Falcón

***6102**

Axóuxere

Xoaniña de deus

160

3.000

2º premio

BS310Q 2021/004

Adrián Noia Vázquez

***5467**

A xanela aberta

O país dos raposos

133

1.500

3º premio

BS310Q 2021/133

Aaron Barreira Diz

***5180**

Testemuña

Indicios esferoides

129

1.000

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio
Especialidade de novela curta
Programa Xuventude Crea 2021

Nº expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Puntuación

BS310Q 2021/274

Marcos Gómez Ramos

***2878**

Deikan

79

BS310Q 2021/134

Nicolás Vázquez Ben

***7334**

Gris

74,5

BS310Q 2021/054

Sofía Fernández González

***5878**

Margarida pola fiestra

72

BS310Q 2021/039

Carla López López

***7022**

Rosalía pombo

65

BS310Q 2021/191

Xacobe Medina Dacas

***4807**

John Maccartney

64,5

BS310Q 2021/246

Pedro Aarón Álvarez Pérez

***9587**

Orde Caos

64,5

BS310Q 2021/033

Ainhoa Martínez Ávarez

***7511**

Lettergrettel

56

BS310Q 2021/160

Christián Fariña Agra

***5107**

A deas-gnath

54

BS310Q 2021/229

Melanie Rodríguez Doval

***7844**

E mamá... volveuse robótica

43

BS310Q 2021/093

María José Moldes Valverde

***1271**

Na memoria

42