Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62459

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021 pola que se notifica a retirada de dereitos de pagamento básico da campaña 2021 e da campaña 2020, e as retiradas de dereitos pendentes das campañas 2019 e 2018.

De conformidade co disposto no artigo 16.4 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e a outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e o control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, por non ter activados os dereitos de pagamento básico durante dous anos consecutivos, procede a retirada deles, que pasan á reserva nacional.

Consonte o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) da resolución de retirada de dereitos de pagamento básico de 2021, pola non utilización destes en 2019 e 2020; a resolución de retirada de dereitos de pagamento básico de 2020, pola non utilización destes en 2018 e 2019; a resolución de retirada de dereitos de pagamento básico pendente de 2019, pola non utilización destes en 2017 e 2018, e a resolución de retirada de dereitos de pagamento básico pendente de 2018, pola non utilización destes en 2016 e 2017.

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria