Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62460

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia (código de procedemento IN421G).

Mediante a Resolución do 11 de maio de 2021 (DOG número 96, do 25 de maio), establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2021.

O artigo 3.2 da convocatoria prevé a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, o artigo 3.1 da convocatoria prevé unha dotación inicial de 2.650.000 €, así como a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintos epígrafes e ampliar o crédito orzamentario para así poder atender un maior número de solicitudes.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxías renovables,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 212.000,00 €, polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 2.862.000,00 €.

Segundo. Redistribuír por anualidades os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxías renovables térmica para o ano 2021 en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 11 de maio de 2021 do seguinte xeito:

Dotación orzamentaria inicial:

Modificación orzamentaria:

Dotación orzamentaria final:

Terceiro. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do plazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia