Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 30 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00416-O-2021 e catro máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador PO-00416-O-2021 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00416-O-2021

3289-BJV

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

26.8.2020; 13.45; EP-2603; 0,8

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

PO-00983-S-2020

3973-BNB

35322895R

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

27.2.2020; 17.35; r/ Conde Torrecedeira, 111

Artigo 197.40 do ROTT

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.g) do ROTT

1.001 euros

PO-01355-S-2020

3973-BNB

35322895R

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 197.19 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

2.001 euros

PO-01357-S-2020

3973-BNB

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

PO-01359-S-2020

3973-BNB

35322895R

A falta de identificación do/da condutor/a nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.22 da LOTT

Artigo 197.24 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

2.001 euros