Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60420

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de decembro de 2021 dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS327A).

Mediante a Orde do 16 de marzo de 2021 (DOG nº 60, do 30 de marzo) establecéronse as bases reguladoras dos premios Talento Mozo Galicia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2021.

De conformidade co artigo 15 da citada orde, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 19 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 1 de decembro de 2021, ditada no procedemento BS327A, dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 1 de decembro 2021 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro
da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases
que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria
para o ano 2021 (código de procedemento BS327A)

Mediante a Orde do 16 de marzo de 2021 (DOG nº 60, do 30 de marzo) establecéronse as bases reguladoras dos premios Talento Mozo Galicia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2021.

O artigo 13 da orde de convocatoria prevé a constitución dun xurado para o exame e valoración dos expedientes, designado para o efecto mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que será quen desempeñe a súa presidencia.

O artigo 12 da orde sinala que o órgano instrutor do procedemento é o Instituto da Xuventude de Galicia. De acordo co citado artigo, unha vez completos os expedientes, foron remitidos ao xurado para a súa valoración conforme os criterios recollidos no artigo 14.1. Remitíronse un total de 186 expedientes, dos 187 presentados, distribuídos da seguinte forma: na modalidade de Ciencia: 45, na modalidade de Rural: 17, na modalidade de Deporte: 41, na modalidade de Empresa: 15 e na modalidade de Cultura e Creación: 68.

O expediente BS327A-2021-163 non foi remitido ao xurado, por incumprimento do requisito do artigo 5.2 da orde de convocatoria: a persoa solicitante non estaba domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalizou o prazo de presentación de solicitudes.

O día 18 de outubro de 2021, o xurado emitiu o informe de valoración para cada unha das modalidades, de acordo co prescrito no artigo 14.2 da orde reguladora.

Con base no anterior e conforme o sinalado no artigo 15 da orde, á vista do expediente e do informe de valoración do xurado, o día 23 de novembro o Instituto da Xuventude de Galicia, como órgano instrutor do procedemento, propuxo:

1. Non admitir a trámite o expediente BS327A-2021-163, por incumprimento do requisito do artigo 5.2 da orde de convocatoria: estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

2. Resolver a convocatoria dos premios Talento Mozo Galicia 2021 e outorgar un premio en cada unha das modalidades establecidas de 5.000 euros por modalidade, en consonancia coa valoración do xurado.

Á vista do exposto, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e atribuída a competencia para resolver, por delegación da conselleira de Política Social, segundo o disposto no artigo 15 e na disposición derradeira primeira da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Non admitir a trámite o expediente que se indica a seguir, pola causa que se sinala:

Expediente BS327A-2021-163, Ismael González García, con NIF ***9009**, causa: incumprimento do requisito do artigo 5.2 da orde de convocatoria: estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Conceder os premios da convocatoria dos premios Talento Mozo Galicia 2021 ás seguintes persoas que obtiveron a puntuación máis alta en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 14.1 da orde:

Na modalidade de Ciencia: Natalia Barreiro Piñeiro, con NIF: ***6057**, expediente BS327A-2021-83, cun total de 62 puntos.

Na modalidade de Rural: Lucía Seoane López, con NIF: ***7450**, expediente BS327A-2021-39, cun total de 49 puntos.

Na modalidade de Deporte: Susana Rodríguez Gacio, con NIF: ***3716**, expediente BS327A-2021-73, cun total de 80 puntos.

Na modalidade de Empresa: Sofía Prosper Díaz-Mor, con NIF: ***5763**, expediente BS327A-2021-164, cun total de 50 puntos.

Na modalidade de Cultura e Creación: Alberto Miguélez Rouco, con NIF: ***3854**, expediente BS327A-2021-45, cun total de 75 puntos.

Terceiro. As persoas premiadas deberán cumprir coas obrigas previstas no artigo 18 da Orde do 16 de marzo de 2021.

Cuarto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Non obstante, poderá interporse potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 19 da Orde do 16 de marzo de 2021 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 15.2 da Orde do 16.3.2021; DOG nº 60, do 30 de marzo), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.