Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60424

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de decembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

O día 9 de febreiro de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

O día 21 de xuño de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

Nesta orde modifícase o artigo 21, as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento de tales axudas e, como consecuencia, tamén se modifica a distribución do crédito establecida no punto 1 do artigo 22.

Na sesión da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 9 de xullo de 2021, cuxa certificación do acordo adoptado foi asinada con data do 14 de xullo de 2021 polo secretario xeral técnico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e secretario da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, ratificouse o esquema de repartición territorial de fondos en que está incluído o compoñente 4. Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade.

No que respecta á Consellería do Medio Rural, as actuacións incluídas como consecuencia dos criterios de repartición de determinadas actuacións dos investimentos I4, xestión forestal sustentable do compoñente 4, do Plan de recuperación transformación e resiliencia (PRTR) para o período 2021-2023, segundo o acordado na conferencia sectorial de referencia, e recollidas no anexo IB da certificación correspondente, está incluído o investimento C4.I4 Fomento da boa gobernanza en montes de propiedade colectiva por un importe total de 4.913.498 € (3.969.642,74 € para o ano 2021).

O devandito importe previsto para a actuación C4.I4 Fomento da boa gobernanza en montes de propiedade colectiva destinarase á modificación do financiamento das actuacións 1 e 2 establecidas no artigo 1 punto 2 da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

As actuacións 1 e 2 acóllense ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro) ou, de ser o caso, estas axudas acolleranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) núm. 316/2019, do 21 de febreiro.

Mentres que as actuacións 3 e 4 teñen como finalidade aplicar a medida 8.5 (investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais) que figura no PDR de Galicia 2014-2020. Estas axudas están recollidas no artigo 35 do Regulamento (UE) núm. 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (https://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

As devanditas actuacións 1 e 2 encaixan na súa totalidade nas incluídas como consecuencia dos criterios de repartición de determinadas actuacións dos investimentos I4, xestión forestal sustentable do compoñente 4, do Plan de recuperación transformación e resiliencia (PRTR) para o período 2021-2023, segundo o acordado na conferencia sectorial de referencia, e recollidas no anexo IB da certificación correspondente, incluído o investimento C4.I4 Fomento da boa gobernanza en montes de propiedade colectiva.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C)

Modifícase o financiamento da dotación orzamentaria asignada á Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C), con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 14.03.713B.770.0.

Un. Modifícase o título da orde que queda redactado como segue:

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

Dous. Modifícanse os puntos 3 e 4 do artigo 1, obxecto, que queda redactado como segue:

3. As actuacións elixibles no punto 2.a) e b) deste artigo ampáranse nas actuacións dos investimentos I4, xestión forestal sustentable do compoñente 4, do Plan de recuperación transformación e resiliencia (PRTR) para o período 2021-2023, segundo o acordado na conferencia sectorial de referencia, e recollidas no anexo IB cuxa certificación do devandito acordo adoptado foi asinada con data do 14 de xullo de 2021 polo secretario xeral técnico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e secretario da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, e polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) núm. 2020/2094, do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) núm. 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 xuño de 2021 mediante decisión de execución do Consello de Europa.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU– que se poidan establecer.

As actuacións elixibles no punto 2 a) e b) deste artigo acóllense ademais ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), ou de ser o caso, estas axudas acolleranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE), núm. 316/2019, do 21 de febreiro de 2019.

4. As actuacións elixibles no punto 2.c) e d) deste artigo ampáranse nos artigos 21.1.d) e 25 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e no artigo 35 do Regulamento (UE) núm. 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño.

Tres. Engádese os puntos 3 e 4 ao artigo 7.

3. En aplicación dos artigos 2.2.b) e 4 da Orde HFP/1030/2021, os beneficiarios deben cumprir no que afecte as actuación establecidas nesta orde co compromiso de etiquetado verde e dixital previsto, para cada compoñente, no PRTR, con base no Regulamento (UE) núm. 2021/241.

4. Os beneficiarios desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «Non causar prexuízo significativo» (DNSH) definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) núm. 2021/241, respecto dos seis obxectivos medioambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) núm. 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación do cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Catro. Modifícase o punto 7 do artigo 15 que queda redactado como segue:

7. Na notificación de concesión da axuda informaranse os beneficiarios, se procede, de que a operación se financia en virtude dun programa financiado polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e/ou cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Cinco. Engádese un punto 6 ao artigo 20.

6. En relación coas medidas para garantir a ausencia de dobre financiamento e para garantir os mecanismos para a prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e o conflito de intereses, como refire o artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, aplicarase o establecido no Plan galego de controis e nos plans de control para as medidas Feader 8.31 e 8.50 que na actualidade están plenamente operativos, sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU– que se poidan establecer.

Asemade, poderá empregarse a canle de denuncias do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA), que resulta aplicable para todo as proxectos tramitados con cargo a esta orde (https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf).

Seis. Modifícase a distribución do crédito establecida no punto 1 e o punto 4, do artigo 21.Financiamento, do seguinte xeito:

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2021 e 2022, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0. 2021 00179 por un importe de 4.653.519,98 € para as actuación 2.a ) e 2. b) do artigo 1. punto 2 da orde, distribuídos do seguinte xeito:

– 3.969.642,47 € ano 2021.

– 683.877,51 € ano 2022.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 2.076.319,98 € para as actuacións 2.c) e 2.d) do artigo 1. punto 2 da orde, distribuídos do seguinte xeito:

– 207.632,00 € ano 2021.

– 1.868.687,98 € ano 2022.

4. As axudas das actuacións 1 e 2 financiaranse con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU–. E as actuacións 3 e 4 fináncianse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Como resultado desta modificación, o orzamento total asignado á presente orde é o seguinte:

– Ano 2021: 4.177.274,47 euros.

– Ano 2022: 2.552.565,49 euros.

Sete. Modifícase o artigo 22, que queda redactado como segue:

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, segundo o tipo de actuación:

a) Servizo de apoio técnico para a xestión forestal (actuación 1): 2.577.200 € (2.198.456,79 € para o ano 2021 e 378.743,21 € para o ano 2022).

b) Revisión de esbozos das carpetas-ficha en CMVMC (actuación 2): 2.076.319,98 € (1.771.185,68 € para o ano 2021 e 305.134,30 € para o ano 2022).

c) Deslindamentos parciais entre CMVMC (actuación 3): 1.245.791,99 € (124.579,20 € para o ano 2021 e 1.121.212,79 € para o ano 2022).

d) Deslindamentos parciais entre CMVMC e propiedades particulares (actuación 4): 830.527,99 € (83.052,80 € para o ano 2021 e 747.475,19 € para o ano 2022).

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de actuación na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes das alíneas a) e b) (actuacións 1 e 2) pasarán dun apartado ao outro e actuarase do mesmo xeito para os importes sobrantes das alíneas c) e d) (actuacións 3 e 4).

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Oito. Engádese un punto 3 ao artigo 25:

3. Os beneficiarios das actuacións recollidas nas alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1, e de acordo co establecido no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) núm. 2021/241, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 3 anos a partir do pagamento.

Nove. Modifícase o artigo 26, que queda redactado como segue:

1. Medidas informativas e publicitarias para as actuacións previstas nas alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1:

a) Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidas no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021.

b) Os beneficiarios desta orde de axudas farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) En todos os proxectos deberá exhibirse de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que diga «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

2. Medidas informativas e publicitarias para as actuacións recollidas nas alíneas c) e d) do punto 2 do artigo 1:

a) Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo Feader.

b) Para as actuacións previstas no punto 2.c) e d) do artigo 1, conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) núm. 669/2016, da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así, en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader amosando:

i. O emblema da Unión.

ii. Unha referencia á axuda do Feader.

Dez. Modifícanse os números 1 e 4 do artigo 27, que quedan redactados como segue:

1. As axudas establecidas nas alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1 acolleranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou, de ser o caso, estas axudas acolleranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE), núm. 316/2019, do 21 de febreiro de 2019.

4. Esta circunstancia farase constar nas resolucións de concesión das subvencións en que figuren as axudas establecidas nas alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1.

Once. Modifícase a disposición adicional segunda, que queda redactada como segue:

Para as actuacións das alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1, no non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou no Regulamento (UE) núm. 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE), núm. 316/2019, do 21 de febreiro.

Para as actuacións dos puntos 2.c) e 2.d) do artigo 1, no non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) núm. 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014, no Regulamento de execución (UE) núm. 809/20014, no Regulamento de execución (UE) núm. 1242/2017, no Regulamento delegado (UE) núm. 640/2014, no Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Asímesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 18/2019, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (https://www.fega.es/es/ayudas-directas-y-desarrollo-rural/control-de-medidas-desarrollo-rural/circulares-de-coordinacion-de-desarrollo-rural/node-50759#), e 32/2017, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_32-2017_CRITERIOS_APLICACION_PENALIZACIONES_NO_SIG.pdf).

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

A modificación do financiamento previsto no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural