Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60419

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade da concesión do IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea correspondente ao ano 2021.

Conforme o previsto no artigo 13 da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 20 de maio de 2021 (DOG nº 104, do 4 de xuño), pola que se convocou para o ano 2021 o IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, resolvo facer pública a concesión do devandito premio a Matías García Rodríguez, por unha contía de 3.000,00 €, ao texto orixinal O Menor. Procesos a-significantes na arte contemporánea.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura