Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59426

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 162/2021, do 25 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño de varias estradas e treitos antigos de titularidade autonómica, así como do seu dominio público viario asociado.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, a proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Salvaterra de Miño e a Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración o día 10 de maio de 2021 para levar a cabo a urbanización da rúa Galicia e a racionalización da rede viaria de titularidade autonómica neste concello. Na cláusula terceira recóllese o compromiso do concello de asumir a titularidade dos treitos urbanos de varias estradas autonómicas antes da licitación das obras.

As estradas e treitos antigos recollidos no convenio carecen de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia, polo que a Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade das estradas e treitos antigos delas que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de novembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño das seguintes estradas e treitos antigos da Rede autonómica de estradas de Galicia, así como do seu dominio público viario asociado (DPV):

Estradas que se van a transferir na súa totalidade: (coordenadas X/Y en UTM ETRS89 fuso 29):

1. PO-420. Taboexa (PO-402)-Vilacoba.

– Inicio en Taboadexa (PO-402) p.q. 0+000 (X=547.265/Y=4.666.652).

– Final en Vilacoba (p.q. 1+000) (X=547.038/Y=4.667.115).

2. PO-430. Leirado-Leirado (deput.):

– Inicio en Leirado (PO-402) p.q. 0+000 (X=544.704/Y=4.664.519).

– Final en Leirado (EP-4006) p.q. 0+310 (X=544.822/Y=4.664.245).

3. PO-432. Salvaterra (PO-400)-Río Miño:

Treito 1:

– Inicio en Salvaterra (PO-403) p.q. 0+000 (X=541.337 /Y=4.659.139), considerándose incluída a glorieta do p.q. 0+000 onde conecta a estrada autonómica PO-403 e as estradas xa transferidas ao Concello de Salvaterra o 10.7.2017, denominada PO-409, e o 24.6.2019, treito inicial da denominada PO-400, cando eran autonómicas.

– Final en liña FFCC p.q. 0+280 (X=541.431/Y=4.658.878).

Treito 2:

– Inicio en liña FFCC p.q. 0+290 (X=541.441/Y=4.658.865).

– Final Río Miño p.q. 0+430 (X=541.522/Y=4.658.738).

4. PO-433. Cabreira (PO-399)-Cabreira:

– Inicio en Cabreira (PO-399) p.q. 0+000 (X=537.580/Y=4.660.590).

– Final en Cabreira p.q. 0+470 (X=537.727/Y=4.660.199).

Treitos antigos de estradas que se van transferir na súa totalidade (coordenadas X/Y en UTM ETRS89 fuso 29):

1. Treito antigo da PO-403:

– Inicio no p.q. 2+330 ME da actual PO-403 (X=541.501/Y=4.661.218).

– Final sen acceso no p.q. 2+560 ME da actual PO-403 (X=541.575/Y=4.661.405).

2. Treito antigo da PO-404:

– Inicio no p.q. 12+460 ME da actual PO-404 (X=539.397/Y=4.660.034).

– Final no p.q. 11+400 MD da actual PO-510 (X=539.544/Y=4.660.129).

3. Treito antigo da PO-409 (comprende dous treitos: un pola MD da PO-510, outro pola ME da PO-510):

Treito antigo 1 na MD da PO-510:

– Inicio (X=539.567/Y=4.659.717).

– Final (X=539.538/Y=4.659.869).

Treito antigo 2 na ME da PO-510:

– Inicio (X=539.763/Y=4.659.632).

– Final (X=539.634/Y=4.659.711).

4. Treito antigo da PO-420:

– Inicio, sen acceso, no enlace de Vilacoba p.q. 287+000 da A-52 (X=546.975/Y=4.666.513).

– Final no p.q. 0+200 ME da actual PO-420 (X=547.093/Y=4.666.679).

– Corrixir as coordenadas dos treitos antigos das estradas PO-403, PO-404 e PO-420 recollidos no convenio asinado entre o Concello de Salvaterra de Miño e a Axencia Galega de Infraestruturas.

– Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade e eliminar do catálogo as estradas PO-420, PO-430, PO-432 e PO-433.

O documento do Catálogo modificado poderá consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Salvaterra de Miño deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Salvaterra de Miño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías e do seu dominio público asociado, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de novembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade