Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59431

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 26 de novembro de 2021 pola que se modifica a autorización do centro privado Estudios Superiores en Administración y Finanzas, de Oleiros (A Coruña).

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Estudios Superiores en Administración y Finanzas, de Oleiros, solicita a modificación da autorización para a extinción das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma polas do CS Marketing e publicidade.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e suprimir as ensinanzas do CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e autorizar o CS Marketing e publicidade. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Estudios Superiores en Administración y Finanzas.

Código do centro: 15032790.

Domicilio: rúa Salvador de Madariaga, 50.

Código postal: 15179.

Localidade: Liáns (Santaia).

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Titular: Escuela de Finanzas, S.L.

Composición resultante:

• 1 CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Marketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade