Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59112

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 159/2021, do 18 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ponte Caldelas dun treito antigo da estrada PO-244, situado entre os puntos quilométricos 2+310 e 2+400, marxe esquerda, xunto co seu dominio público asociado.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Ponte Caldelas solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada autonómica PO-244 situado na súa marxe esquerda, á altura do punto quilométrico 2+320.

Polo Concello de Ponte Caldelas discorren varias estradas de titularidade autonómica. É atravesado pola estrada PO-244 Ponte Caldelas (PO-255)-Soutomaior entre os puntos quilométricos 0+000 e 7+990.

O número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, establece que estes só se levarán a cabo cando se trate de «treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial».

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1, precisando que se trata dun treito antigo da estrada PO-244, de 112 metros de lonxitude, sen funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de novembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ponte Caldelas do seguinte treito, xunto co seu dominio público asociado:

Denominación

PQi
conexión

Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29

PQf
conexión

Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29

Marxe

Lonxitude

Treito antigo da PO-244

2+310

X= 540.042

Y= 4.691.515

2+400

X= 540.023

Y= 4.691.430

Esquerda

112 m

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Ponte Caldelas, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de novembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade