Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59114

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 160/2021, do 18 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dunha senda na AC-301, entre os puntos quilométricos 2+250 e 2+800, no concello de Rois (clave AC/19/128.06).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 25 de setembro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 195 o Anuncio do 15 de setembro de 2020, polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción de senda na AC-301, entre os puntos quilométricos (p.q.) 2+250 e 2+800, de clave AC/19/128.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Logo da análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 22 de xuño de 2021 apróbase o expediente de información pública e posteriormente, con data do 8 de novembro de 2021, apróbase definitivamente o proxecto de construción de senda na AC-301, entre os p.q. 2+250 e 2+800, de clave AC/19/128.06.

O obxecto do proxecto consiste en definir, xustificar e valorar as actuacións necesarias para a mellora da seguridade viaria e o fomento da mobilidade sustentable na estrada autonómica AC-301, no treito comprendido entre os p.q. 2+250 e 2+800 (marxe esquerda) e a antiga AC-299 (estrada actualmente de titularidade local); a lonxitude total da senda proxectada é de 820 m e permite a conexión dos itinerarios peonís xa existentes no polígono industrial de Rois/Padrón coas beirarrúas do núcleo rural de Rois.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de novembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de senda na AC-301, entre os p.q. 2+250 e 2+800, de clave AC/19/128.06.

Santiago de Compostela, dezaoito de novembro dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade