Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55658

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 5 de novembro de 2021 de concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2021/22 derivados da COVID-19.

BDNS (Identif.): 594036.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

A presente orde ten por obxecto a concesión directa de subvencións a centros privados concertados, con carácter excepcional, para poder afrontar no curso 2021/22 os gastos derivados das seguintes actuacións motivadas pola pandemia COVID-19:

1. Incremento de horas adicionais do profesorado na educación secundaria obrigatoria no período comprendido entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022.

2. Outros gastos extraordinarios necesarios para a adquisición de material hixiénico-sanitario.

Segundo. Ámbito de aplicación

As subvencións concedidas nesta orde distribuiranse entre os centros privados concertados que impartan o 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, de grao medio e superior e educación especial.

Terceiro. Procedemento de concesión

As subvencións reguladas nesta orde teñen carácter excepcional e están xustificadas por razóns de interese público, social, económico e humanitario que dificultan a súa convocatoria pública, polo que procede aplicar o procedemento de concesión directa, segundo o previsto no artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. Financiamento

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade financiará esta subvención con cargo a aplicación orzamentaria 10.31.423A.482.2, por un importe de 2.847.529,68 € no exercicio 2021 e 591.739,72 € no exercicio 2022.

O orzamento para cada unha das actuacións subvencionadas é o seguinte:

1. O incremento para horas adicionais de profesorado de educación secundaria obrigatoria no período comprendido entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022, por importe de 347.529,68 € para o ano 2021 e na contía de 591.739,72 € para o ano 2022.

2. Outros gastos extraordinarios necesarios para adquirir material hixiénico-sanitario, no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2021, por importe de 2.500.000,00 € para o ano 2021.

Quinto. Condicións previas ao pagamento

1. O pagamento do importe da subvención concedida nesta orde está suxeito ás seguintes condicións:

a) Que o centro estea ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

A unidade de xestión do procedemento consultará os datos de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que o titular do centro beneficiario se opoña expresamente á consulta; así mesmo, consultará o dato de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, cando o titular do centro beneficiario o autorice expresamente.

b) Que o centro beneficiario non renuncie expresamente á subvención.

Sexto. Pagamento anticipado da subvención

De acordo co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios recibirán o pagamento anticipado do 100 % do importe subvencionado para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, sen exixir ningún tipo de garantías e sen que se supere a contía da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade