Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55661

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade da axuda concedida ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2021.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 17 da orde de convocatoria esta resolución, publicarase no DOG, no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal) e na páxina web oficial de Cultura (https://www.cultura.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

RESOLVO:

Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2021 ao Concello de Redondela polo proxecto Unha biblioteca para Xela da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela, ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2021 (procedemento CT237A). A dita axuda foi aprobada con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.760.3, proxecto 2015 00352, cun crédito orzamentario para o ano 2021 de tres mil euros (3.000 €).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade