Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55639

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de novembro de 2021 de concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2021/22 derivados da COVID-19.

O artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúe competencia plena á Comunidade Autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo das limitacións nos artigos 27 e 149 da Constitución española.

A incidencia da pandemia COVID-19 nos centros educativos o pasado curso 2020/21 fixo preciso realizar adaptacións no profesorado, os espazos e as medidas hixiénicos sanitarias, para cumprir as exixencias do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21, e así poder desenvolver con garantías a activade lectiva presencial.

A necesidade de dar unha resposta adecuada ás dificultades que xeraría a adopción destas medidas no funcionamento dos centros privados concertados, e a súa excepcionalidade, engadida á necesidade de asegurar a correcta prestación do servizo público educativo, determinou que fose imprescindible e, pola súa vez, xustificou a Orde do 13 de novembro de 2020 (DOG número 233, do 18 de novembro), de concesión directa de subvencións a centros docentes privados concertados e o pagamento anticipado aos beneficiarios da totalidade do importe concedido no respectivo exercicio, sen ningún réxime de garantías.

Para o presente curso 2021/22, encadrado nun escenario de transición, a Orde comunicada do 4 de xuño de 2021 da ministra de Sanidade, resolve declarar como actuacións coordinadas en saúde pública fronte á COVID-19, as acordadas como tales polo Pleno do Consello Interterritorial do Sistema nacional de saúde na súa sesión do 2 de xuño de 2021, que figuran no anexo desta, e que abranguen medidas de distancia interpersoal, de uso de máscara, limpeza, desinfección, ventilación, xestión de residuos..., necesarias para garantir un contorno escolar seguro, de xeito que se poidan desenvolver as actividades minimizando ao máximo os posibles riscos derivados da pandemia.

Neste marco, a Resolución conxunta do 1 de setembro de 2021, das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade, aproba o «Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-22», que prevé no punto 3, relativo ás «Medidas xerais de protección individual e colectiva», no punto 1, para educación infantil e primaria, a organización do alumnado en grupos de convivencia estable, polo que non se aplicarán os criterios de limitación de distancia; e nos demais casos, a distancia que permita a aula e, cando menos, 1,20 metros; e se o tamaño da aula non permitise as distancias previstas: a retirada de mobiliario, a utilización de espazos alternativos ou instalación de mamparas. Así mesmo, o punto 3.2 prevé o uso obrigatoria de máscara a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersoal.

A aplicación das previsións da normativa sanitaria, así como a aplicación das instrucións específicas do ámbito educativo, para favorecer ao máximo a garantía de seguridade e, ao mesmo tempo, a actividade lectiva presencial, obriga os centros docentes privados concertados, polo que tamén este curso exixirá un aumento do número de horas de docencia nalgúns centros en función do alumnado, e un incremento doutros gastos extraordinarios para adquirir material hixiénico-sanitario, no marco da situación excepcional derivada da COVID-19.

O artigo 49 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, e os artigos 19.4.c) e 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establecen a posibilidade de conceder, con carácter excepcional, subvencións de forma directa, cando se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública, logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia en atención ao seu importe.

Así mesmo, os artigos 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 63.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que aproba o seu regulamento, permiten excepcionalmente por razóns debidamente xustificadas, o pagamento anticipado aos beneficiarios do importe total da subvención, sen exixir ningún réxime de garantías, logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia por Acordo do 29 de outubro de 2021, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

A presente orde ten por obxecto a concesión directa de subvencións a centros privados concertados, con carácter excepcional, para poder afrontar no curso 2021/22 os gastos derivados das seguintes actuacións motivadas pola pandemia COVID-19:

a) Incremento de horas adicionais do profesorado na educación secundaria obrigatoria no período comprendido entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022.

b) Outros gastos extraordinarios necesarios para a adquisición de material hixiénico-sanitario.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

As subvencións concedidas nesta orde distribuiranse entre os centros privados concertados que impartan o 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, de grao medio e superior e educación especial.

Artigo 3. Procedemento de concesión

As subvencións reguladas nesta orde teñen carácter excepcional e están xustificadas por razóns de interese público, social, económico e humanitario que dificultan a súa convocatoria pública, polo que procede aplicar o procedemento de concesión directa, segundo o previsto no artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Competencia para a xestión do procedemento

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos asumirá a competencia para tramitar o procedemento de xestión e xustificación desta subvención; e o Servizo de Centros é a unidade responsable do procedemento.

Artigo 5. Financiamento

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade financiará esta subvención con cargo á aplicación orzamentaria 10.31.423A.482.2, por un importe de 2.847.529,68 € no exercicio 2021 e 591.739,72 € no exercicio 2022.

O orzamento para cada unha das actuacións subvencionadas é o seguinte:

1. O incremento para horas adicionais de profesorado de educación secundaria obrigatoria no período comprendido entre o 15 de setembro de 2021 e o 30 de xuño de 2022, por importe de 347.529,68 € para o ano 2021 e na contía de 591.739,72 € para o ano 2022.

2. Outros gastos extraordinarios necesarios para adquirir material hixiénico-sanitario, no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2021, por importe de 2.500.000,00 € para o ano 2021.

Artigo 6. Actuacións subvencionadas

1. Contratar profesorado para impartir as horas adicionais de docencia derivadas do desdobramento extraordinario de grupos na educación secundaria obrigatoria motivado pola COVID-19, durante o período indicado no artigo 1, resultantes da análise efectuada pola inspección educativa.

2. Adquirir material hixiénico-sanitario (máscaras, hidroxel...), de acordo cos requirimentos mínimos establecidos polas autoridades educativas e sanitarias motivados pola COVID-19, en función das unidades concertadas e do alumnado escolarizado en cada centro.

3. Os centros docentes deberán distribuír máscaras entre o alumnado matriculado en ensino obrigatorio e en educación especial beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Artigo 7. Condicións previas ao pagamento

1. O pagamento do importe da subvención concedida nesta orde está suxeito ás seguintes condicións:

a) Que o centro estea ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

A unidade de xestión do procedemento consultará os datos de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que o titular do centro beneficiario se opoña expresamente á consulta; así mesmo, consultará o dato de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, cando o titular do centro beneficiario o autorice expresamente.

b) Que o centro beneficiario non renuncie expresamente á subvención.

2. Deberán realizarse nun prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación desta orde de concesión no Diario Oficial de Galicia:

a) A oposición á consulta automatizada de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Seguridade Social e coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a achega da documentación.

b) A autorización expresa da consulta de estar ao día no cumprimento de obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria ou, no seu defecto, a achega da documentación.

c) A renuncia expresa á subvención, se é o caso.

Este trámite farase electronicamente utilizando o modelo PR004A (presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun Sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, que irá dirixido ao Servizo de Centros da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e indicará no recadro «Asunto relacionado» o seguinte: «Condicións previas subvencións COVID-19».

3. Cando o resultado da consulta automatizada dos datos indicados poña de manifesto unha situación de non estar ao día nas devanditas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, requirirase o afectado para que, no prazo de 5 días hábiles seguintes á notificación do requirimento, achegue o documento que acredite o dato.

4. A titularidade do centro perderá o dereito ao cobramento da subvención:

a) Se se opón de forma expresa ou non autoriza expresamente a comprobación automatizada dos datos indicados e non achega os documentos acreditativos e/ou renuncia expresamente á subvención no prazo do punto 2 deste artigo.

b) Se o resultado da consulta automatizada dos datos pon de manifesto unha situación de incumprimento das obrigas e non achega a documentación que o acredite no prazo do punto 3 deste artigo.

Artigo 8. Pagamento anticipado da subvención

1. De acordo co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios recibirán o pagamento anticipado do 100 % do importe subvencionado para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, sen exixir ningún tipo de garantías e sen que se supere a contía da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. O dito pagamento anticipado será autorizado polo Consello da Xunta de Galicia nos termos previstos no artigo 63.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. As subvencións concedidas nesta orde aboaranse:

a) As destinadas a horas adicionais de profesorado do período comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2021, con cargo ao orzamento de 2021, a partir da entrada en vigor da presente orde; e as do período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2022, con cargo ao orzamento de 2022, e logo da xustificación de todos os importes recibidos no exercicio 2021.

b) A destinada a outros gastos extraordinarios, integramente con cargo ao orzamento de 2021, a partir da entrada en vigor da presente orde.

Artigo 9. Xustificación da subvención

1. A subvención xustificarase utilizando o modelo PR004A indicando no recadro «Asunto relacionado» o seguinte: «Xustificación subvencións COVID-19».

2. Esta xustificación realizarase:

2.1. No caso de horas adicionais para impartir docencia: achegando a nómina aboada á persoa traballadora e a acreditación do seu ingreso; así mesmo, a liquidación e ingreso das cotizacións á Seguridade Social e o ingreso da retención a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2.2. No caso doutros gastos extraordinarios: achegando as facturas expedidas a nome do centro ou outros documentos acreditativos dos gastos derivados da execución das actividades subvencionadas, así como o xustificante de ter aboado efectivamente o seu importe.

3. A anterior xustificación deberá facerse:

3.1. Polas cantidades aboadas ao profesorado e/ou os gastos facturados e pagados ata o 31 de decembro de 2021: antes do 31 de xaneiro de 2022 (este incluído).

3.2. Por cantidades aboadas ao profesorado entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2022: antes do 31 de xullo de 2022 (este incluído).

4. En caso de incumprimento total ou parcial da obriga de xustificar o efectivo emprego da subvención recibida, procederá o reintegro total ou da parte proporcional non xustificada, nos termos previstos nos artigos 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Compatibilidades

As subvencións obxecto da presente orde son compatibles con outras subvencións, axudas ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración pública, entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, tendo en conta que o importe total de todas as subvencións recibidas non poderá superar o custo da actividade subvencionada, procedendo, en caso contrario, o reintegro.

Disposición adicional primeira. Infraccións e sancións

Serán de aplicación as disposicións recollidas no título IV (artigos 50 a 68) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda. Dereito supletorio

En todo o non previsto na presente orde, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento e, subsidiariamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Disposición derradeira primeira. Recurso

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data (artigos 8, 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Provincia: A Coruña

Datos do centro

Contratación profesorado (artigo 6.1)

Adquisición material

hixiénico-sanitario

(artigo 6.2)

Total/centro

Concello

Código

Denominación

2021

2022

Total

A Coruña

15004009

CPR Plurilingüe Calasancias

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.346

17.346,00

15004010

CPR Calasanz-PP Escolapios

0,00 €

0,00 €

0,00 €

26.785

26.785,00

15004046

CPR Cid

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.128

4.128,00

15004061

CPR Cervantes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

958

958,00

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

35.414,03 €

60.299,56 €

95.713,59 €

30.616

126.329,59

15004101

CPR Plurilingüe Cristo Rey

38.719,34 €

65.927,52 €

104.646,86 €

12.644

117.290,86

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

23.163

23.163,00

15004231

CPR Plurilingüe Karbo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.730

5.730,00

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

0,00 €

0,00 €

0,00 €

58.478

58.478,00

15004356

CPR Nebrija Torre de Hércules

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.856

7.856,00

15004435

CPR Plurilingüe Padres Franciscanos

6.610,63 €

11.255,92 €

17.866,55 €

7.559

25.425,55

15004460

CPR Plurilingüe Peñarredonda

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.411

8.411,00

15004526

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

25.201

25.201,00

15004538

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.930

18.930,00

15004642

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

0,00 €

0,00 €

0,00 €

39.480

39.480,00

15004654

CPR Plurilingüe Santo Domingo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.782

17.782,00

15004770

CPR Plurilingüe Esclavas Sagrado Corazón de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.180

16.180,00

15004782

CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha

0,00 €

0,00 €

0,00 €

33.960

33.960,00

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

60.439,94 €

102.911,25 €

163.351,19 €

28.650

192.001,19

15004861

CEEPR Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga

0,00 €

0,00 €

0,00 €

11.958

11.958,00

15005270

CPR Afundación A Coruña

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.444

6.444,00

15021986

CPR Cruz Roja Española

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.851

5.851,00

15022000

CPR Plurilingüe Montegrande

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.360

8.360,00

15027757

CEEPR Aspanaes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.609

7.609,00

15032431

CPR Aula Nosa

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.647

2.647,00

A Pobra do Caramiñal

15021925

CPR Ntra. Sra. del Monte Carmelo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.429

1.429,00

15026649

CPR Divino Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.794

1.794,00

Ames

15000132

CPR Plurilingüe Alca

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.273

8.273,00

Arteixo

15020431

CPR Agarimo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.369

2.369,00

Arzúa

15000600

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. del Rosario

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.724

6.724,00

15020313

EFAG El Piñeiral

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.546

4.546,00

As Pontes de García Rodríguez

15027678

CEEPR Aspanaes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.087

1.087,00

Betanzos

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

0,00 €

0,00 €

0,00 €

9.161

9.161,00

Carballo

15002566

CPR Plurilingüe Artai

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.412

8.412,00

15033071

CEEPR Aspaber

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.261

3.261,00

Cee

15003200

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.001

12.001,00

Coristanco

15021974

EFAG Fonteboa

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.653

6.653,00

Culleredo

15005853

CPR A Ponte Pasaxe

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.835

5.835,00

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

0,00 €

0,00 €

0,00 €

13.096

13.096,00

15024884

CPR Plurilingüe Rías Altas

0,00 €

0,00 €

0,00 €

9.248

9.248,00

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

47.218,70 €

80.399,42 €

127.618,12 €

14.020

141.638,12

Fene

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.282

14.282,00

Ferrol

15006390

CPR Plurilingüe Jesús Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.019

7.019,00

15006420

CPR Plurilingüe La Salle

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.152

8.152,00

15006432

CPR Tirso de Molina

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.635

18.635,00

15006456

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.526

14.526,00

15006481

CPR Plurilingüe Compañía de María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.404

14.404,00

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

0,00 €

0,00 €

0,00 €

13.568

13.568,00

15006511

CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.279

12.279,00

15006547

CPR Plurilingüe San Rosendo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.138

5.138,00

15006602

CPR Belén

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.765

5.765,00

15006638

CPR Ludy

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.894

4.894,00

15006882

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.905

5.905,00

15025359

CEEPR Aspanaes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.522

6.522,00

Fisterra

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.999

4.999,00

Mugardos

15009470

CPR Loyola

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.114

6.114,00

Narón

15006596

CEEPR Nosa Señora do Chamorro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.087

1.087,00

15010071

CPR Jorge Juan

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.228

7.228,00

15010137

CPR Ayala

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.273

8.273,00

15010204

CPR Santiago Apóstol

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.702

16.702,00

Noia

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.365

17.365,00

15010794

CPR Plurilingüe Jaime Balmes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.523

12.523,00

Oleiros

15011002

CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey

0,00 €

0,00 €

0,00 €

23.425

23.425,00

Pontedeume

15013461

CPR Plurilingüe San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.221

8.221,00

15013497

CPR Luis Vives

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.361

3.361,00

Ribeira

15014349

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.647

7.647,00

15014416

CPR Plurilingüe La Milagrosa-Josefa Sobrido

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.151

8.151,00

15014520

CPR Plurilingüe Galaxia

0,00 €

0,00 €

0,00 €

13.010

13.010,00

15014532

CPR Plurilingüe Bayón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.709

8.709,00

15032674

CEEPR Amicos

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.609

7.609,00

Sada

15021950

CEEPR Aspace

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.522

6.522,00

Santa Comba

15015241

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.874

2.874,00

Santiago de Compostela

15015366

CPR Plurilingüe Casa do Neno

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.103

5.103,00

15015378

CPR Plurilingüe Compañía de María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

28.404

28.404,00

15015421

CPR Plurilingüe Juventud

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.170

3.170,00

15015469

CPR San Jorge

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.166

6.166,00

15015482

CPR Plurilingüe Emma

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.339

6.339,00

15015524

CPR Plurilingüe Vilas Alborada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.295

5.295,00

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.865

8.865,00

15015551

CPR Plurilingüe La Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.277

5.277,00

15015597

CPR Plurilingüe La Milagrosa

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.556

5.556,00

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

0,00 €

0,00 €

0,00 €

33.976

33.976,00

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.981

16.981,00

15015779

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Remedios

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.371

16.371,00

15025347

CEEPR Aspanaes-Duques de Lugo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.696

8.696,00

15027046

CPR Raiola

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.742

1.742,00

Total A Coruña

188.402,64

320.793,67

509.196,31

981.485,00

1.490.681,31

Provincia: Lugo

Datos do centro

Contratación profesorado (artigo 6.1)

Adquisición material

hixiénico-sanitario

(artigo 6.2)

Total/centro

Concello

Código

Denominación

2021

2022

Total

Foz

27004453

CPR Plurilingüe Martínez Otero

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.942

7.942,00

27004465

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.977

7.977,00

Lugo

27006218

CPR Plurilingüe Cervantes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.835

5.835,00

27006231

CPR Plurilingüe Divina Pastora

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.016

17.016,00

27006243

CPR María Auxiliadora

15.109,99 €

25.727,81 €

40.837,80 €

17.643

58.480,80

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.813

8.813,00

27006280

CPR Plurilingüe Padres Franciscanos

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.120

17.120,00

27006322

CPR Plurilingüe La Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.572

17.572,00

27006358

CPR Plurilingüe La Milagrosa

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.748

5.748,00

27006437

CPR Plurilingüe San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.583

18.583,00

Monforte de Lemos

27007211

CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.280

7.280,00

27007223

CPR Padres Escolapios

0,00 €

0,00 €

0,00 €

15.518

15.518,00

27007235

CPR Ferroviario

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.646

7.646,00

Ribadeo

27010911

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.648

14.648,00

Sarria

27011974

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.064

8.064,00

27011998

CPR Plurilingüe La Merced

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.890

7.890,00

Sober

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.404

2.404,00

Viveiro

27013624

CPR Plurilingüe Landro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.685

4.685,00

Total Lugo

15.109,99

25.727,81

40.837,80

192.384,00

233.221,80

Provincia: Ourense

Datos do centro

Contratación profesorado (artigo 6.1)

Adquisición material

hixiénico-sanitario

(artigo 6.2)

Total/centro

Concello

Código

Denominación

2021

2022

Total

A Rúa

32020631

CPR Pablo VI Fátima

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.149

6.149,00

Celanova

32003783

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.079

6.079,00

Coles

32016731

CPR Malvedo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.550

1.550,00

O Barco de Valdeorras

32001661

CPR Plurilingüe Divina Pastora

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.976

12.976,00

O Carballiño

32002973

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.925

7.925,00

32016066

CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.933

6.933,00

O Pereiro de Aguiar

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.872

7.872,00

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.914

6.914,00

Ourense

32008410

CPR Plurilingüe Santo Ángel

0,00 €

0,00 €

0,00 €

15.066

15.066,00

32008446

CPR Concepción Arenal

0,00 €

0,00 €

0,00 €

10.816

10.816,00

32008458

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

0,00 €

0,00 €

0,00 €

28.283

28.283,00

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

27.482

27.482,00

32008525

CPR Plurilingüe Divina Pastora

0,00 €

0,00 €

0,00 €

19.211

19.211,00

32008550

CPR Plurilingüe San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.615

16.615,00

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

22.067

22.067,00

32008616

CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.169

8.169,00

32008665

CPR Plurilingüe Divino Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

9.614

9.614,00

32008707

CPR Plurilingüe La Purísima

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.646

7.646,00

32008914

CPR Santo Cristo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.956

5.956,00

32009050

CPR Plurilingüe San Pío X

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.573

5.573,00

32009062

CPR Cardenal Cisneros

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.658

3.658,00

32009189

CPR Ramón María del Valle-Inclán

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.230

2.230,00

32015530

CPR San Martín

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.312

5.312,00

32016728

CPR Plurilingüe Luis Vives

0,00 €

0,00 €

0,00 €

15.692

15.692,00

32020823

CEEPR Ilustre Mestre

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.174

2.174,00

Verín

32013557

CPR Plurilingüe María Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.508

14.508,00

Total Ourense

0,00

0,00

0,00

276.470,00

276.470,00

Provincia: Pontevedra

Datos do centro

Contratación profesorado (artigo 6.1)

Adquisición material

hixiénico-sanitario

(artigo 6.2)

Total/centro

Concello

Código

Denominación

2021

2022

Total

A Estrada

36002323

CPR Plurilingüe Nuestra Señora de Lourdes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.897

6.897,00

A Guarda

36003960

CPR Plurilingüe Padres Somascos

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.490

7.490,00

36003996

CPR Plurilingüe San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.880

6.880,00

36019840

CEEPR San Jerónimo Emiliani

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.609

7.609,00

A Illa de Arousa

36013801

CPR Sonrisas y Lágrimas

0,00 €

0,00 €

0,00 €

2.926

2.926,00

As Neves

36005671

EFAG A Cancela

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.260

5.260,00

Bueu

36000351

CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.298

7.298,00

Caldas de Reis

36000417

CPR Plurilingüe San Fermín

0,00 €

0,00 €

0,00 €

11.495

11.495,00

36000429

CPR Plurilingüe La Encarnación

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.347

5.347,00

Cambados

36000569

CPR Salesianos A Mercé

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.676

3.676,00

Cangas

36000831

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.037

7.037,00

36000910

CPR Plurilingüe Casa de la Virgen

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.932

6.932,00

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

11.077

11.077,00

36016115

CPR Eduardo Pondal

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.540

12.540,00

Gondomar

36015949

CPR San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.309

3.309,00

Lalín

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.630

7.630,00

Marín

36004514

CPR Plurilingüe La Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

15.222

15.222,00

36004526

CPR Plurilingüe San Narciso

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.198

16.198,00

Mos

36005427

CPR Plurilingüe Lar

0,00 €

0,00 €

0,00 €

22.972

22.972,00

Nigrán

36005919

CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.750

7.750,00

36018847

CEEPR Juan María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.609

7.609,00

36020155

CPR Estudio

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.706

6.706,00

O Porriño

36006973

CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga Rodríguez

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.298

7.298,00

36006997

CPR Santo Tomás

30.219,97 €

51.455,63 €

81.675,60 €

9.074

90.749,60

36017031

CEEPR Aceesca

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.696

8.696,00

Ponteareas

36007515

CPR Plurilingüe Santiago Apóstol

0,00 €

0,00 €

0,00 €

10.973

10.973,00

36007527

CPR Plurilingüe La Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.890

7.890,00

Pontevedra

36006237

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

0,00 €

0,00 €

0,00 €

17.835

17.835,00

36006456

CEEPR Juan XXIII

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.522

6.522,00

36006641

CPR Plurilingüe Calasancio

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.197

16.197,00

36006675

CPR San José

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.121

5.121,00

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

0,00 €

0,00 €

0,00 €

26.107

26.107,00

36006705

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Dolores

0,00 €

0,00 €

0,00 €

24.104

24.104,00

36019815

CEEPR Amencer

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.435

5.435,00

Redondela

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.506

12.506,00

Sanxenxo

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.935

8.935,00

Silleda

36009123

CPR Plurilingüe María Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.821

7.821,00

Soutomaior

36009147

CPR Santiago Apostol

0,00 €

0,00 €

0,00 €

15.919

15.919,00

Tui

36019876

CPR Santa María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.412

8.412,00

Vigo

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

0,00 €

0,00 €

0,00 €

21.788

21.788,00

36010095

CPR Martín Códax

0,00 €

0,00 €

0,00 €

24.765

24.765,00

36010216

CPR Plurilingüe Divino Salvador

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.491

14.491,00

36010253

CEEPR Fogar e Clin. San Rafael

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.522

6.522,00

36010356

CPR Plurilingüe Escuelas Nieto

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.204

8.204,00

36010435

CPR Plurilingüe El Castro

30.219,97 €

51.455,63 €

81.675,60 €

8.413

90.088,60

36010794

CPR Fillas de María Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.758

6.758,00

36010800

CPR Plurilingüe Niño Jesús de Praga

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.464

8.464,00

36010824

CPR Plurilingüe Monterrey

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.012

8.012,00

36010836

CPR Breogán

0,00 €

0,00 €

0,00 €

1.028

1.028,00

36010848

CPR Plurilingüe San Fernando

0,00 €

0,00 €

0,00 €

6.637

6.637,00

36010897

CPR Santa Cristina

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.245

7.245,00

36010903

CPR Plurilingüe Apostol Santiago

0,00 €

0,00 €

0,00 €

33.281

33.281,00

36010915

CPR Plurilingüe Atlántida

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.925

7.925,00

36010927

CPR Plurilingüe Alborada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.709

8.709,00

36010939

CPR Plurilingüe Barreiro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.768

7.768,00

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

0,00 €

0,00 €

0,00 €

24.157

24.157,00

36011099

CPR Plurilingüe Labor

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.545

16.545,00

36011117

CPR Plurilingüe Losada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.535

8.535,00

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

30.219,97 €

51.455,63 €

81.675,60 €

18.983

100.658,60

36011166

CPR Plurilingüe María Inmaculada

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.636

18.636,00

36011178

CPR Plurilingüe Miralba

0,00 €

0,00 €

0,00 €

25.062

25.062,00

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

0,00 €

0,00 €

0,00 €

26.646

26.646,00

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.953

8.953,00

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.003

14.003,00

36011257

CPR Plurilingüe El Pilar

30.219,97 €

51.455,63 €

81.675,60 €

23.163

104.838,60

36011270

CPR Plurilingüe Rosalía de Castro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

19.645

19.645,00

36011300

CPR Plurilingüe San Blas-Vista Alegre

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.176

7.176,00

36011312

CPR San Fermín

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.564

4.564,00

36011348

CPR San Miguel

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.351

7.351,00

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.493

16.493,00

36011361

CPR Plurilingüe San José de la Guía

0,00 €

0,00 €

0,00 €

12.104

12.104,00

36011385

CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.072

7.072,00

36011491

CPR Plurilingüe Possumus

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.211

7.211,00

36011518

CPR Plurilingüe Mercantil

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.064

8.064,00

36011521

CPR Vivas

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.324

8.324,00

36011531

CPR Plurilingüe Alba

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.772

16.772,00

36011609

CPR Colegio Hogar Afundación

0,00 €

0,00 €

0,00 €

14.229

14.229,00

36011622

CPR Aloya

0,00 €

0,00 €

0,00 €

10.589

10.589,00

36011750

CPR Plurilingüe Don Bosco

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.029

8.029,00

36011853

CPR Daniel Castelao

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.326

8.326,00

36011865

CPR Quiñones de León

15.582,17 €

26.531,81 €

42.113,98 €

7.089

49.202,98

36013795

CPR CEBEM

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.974

5.974,00

36014209

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.847

8.847,00

36014234

CPR Plurilingüe Atalaya-Cantabria

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.494

4.494,00

36015275

CEEPR San Francisco

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.261

3.261,00

36015287

CEEPR Aspanaex

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.435

5.435,00

36015998

CEEPR Menela

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.696

8.696,00

36016097

CPR Plurilingüe Montesol

0,00 €

0,00 €

0,00 €

16.598

16.598,00

36016152

CPR Divino Maestro

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.128

4.128,00

36016723

CPR Mendiño

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.590

5.590,00

36024057

CPR Plurilingüe Bouza Brey

0,00 €

0,00 €

0,00 €

7.925

7.925,00

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

24.729

24.729,00

36025104

CEEPR Amencer-Aspace

0,00 €

0,00 €

0,00 €

5.435

5.435,00

Vilagarcía de Arousa

36012456

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

7.555,00 €

12.863,91 €

20.418,91 €

16.284

36.702,91

36012468

CPR Plurilingüe San Francisco

0,00 €

0,00 €

0,00 €

8.220

8.220,00

36019864

CEEPR Bata-Os Mecos

0,00 €

0,00 €

0,00 €

4.348

4.348,00

36024574

CEEPR Princesa Letizia

0,00 €

0,00 €

0,00 €

3.261

3.261,00

Total Pontevedra

144.017,05

245.218,24

389.235,29

1.049.661,00

1.438.896,29

Totais:

347.529,68

591.739,72

939.269,40

2.500.000,00

3.439.269,40