Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55631

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

A Orde do 9 de agosto de 2021 (DOG núm. 166, do 30 de agosto) establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural e procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

No artigo 1.3, parágrafo segundo, das bases reguladoras establécese a consideración de actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17.

Pola súa parte, o artigo 17.1 das bases reguladoras dispón que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 3 da orde de convocatoria e ata o 15 de novembro de 2021, dunha copia da documentación especificada no citado artigo 17.

Tendo en conta o proceso de avaliación, co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 17.1 das bases reguladoras ampliando o prazo ata o 10 de decembro de 2021 para permitir a mellor xustificación por parte das entidades beneficiarias.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do artigo 17.1 do anexo I da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H)

O primeiro parágrafo do artigo 17.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 3 da orde de convocatoria e ata o 10 de decembro de 2021, dunha copia da seguinte documentación:».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación