III. Outras disposicións
Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).
Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 192, do martes 5 de outubro de 2021, procede efectuar a seguinte corrección:
No artigo 13. Criterios de valoración, na páxina 48566, onde di:
«A valoración das epígrafes c) e d) será realizada por un equipo avaliador formado por persoas expertas a partir da documentación indicada no artigo 10».
Debe dicir:
«A valoración das epígrafes d) e e) será realizada por un equipo avaliador formado por personas expertas a partir da documentación indicada no artigo 10».