Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55634

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021 de encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia para desenvolver as probas de acceso a distintos corpos e categorías da Administración.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia prestará á Consellería de Facenda e Administración Pública o apoio no desenvolvemento de probas de acceso a distintos corpos e categorías da Administración, nos seguintes días:

Data e lugar

Proceso selectivo

Aspirantes

DOG

30.10.2021

Mañá

A1 Escala veterinarios

646

Resolución do 10.12.2020;
DOG nº 249, do 11.12.2020

30.10.2021

Mañá

Grupo I categoría 005. Titulado superior, veterinario

7

Resolución do 10.12.2020;
DOG nº 249, do 11.12.2020

30.10.2021

Tarde

A2 Promoción interna

275

Orde do 7.1.2020;
DOG nº 21, do 31.1.2020

27.11.2021

Mañá

C2 Bombeiro forestal-condutor motobomba

2.004

Orde do 28.2.2019;
DOG nº 44, do 4.3.2019

27.11.2021

Tarde

C2 Emisorista vixilante

2.782

Orde do 28.2.2019;
DOG nº 44, do 4.3.2019

28.11.2021

Mañá

C2 Bombeiro forestal

3.807

Orde do 28.2.2019;
DOG nº 44, do 4.3.2019

28.11.2021

Tarde

C2 Bombeiro forestal Funcionarización

513

Resolución do 25.8.2021;

DOG nº 170, do 3.9.2021

Natureza e alcance da xestión do encargo: encargo a medios propios, ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 201.479,86 €. O gasto impútase á aplicación 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2021.

Esta operación non está suxeita a IVE segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública