Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54764

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá públicidade do esgotamento de crédito da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

Primeiro. A Orde do 9 de agosto de 2021, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 166, do 30 de agosto), establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

Segundo. O artigo 2 do anexo I da orde de convocatoria establece que a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Pola súa parte, o artigo 1 do anexo I da citada orde de convocatoria dispón que o procedemento de concesión das ditas subvencións se tramitará en réxime de concorrencia non competitiva. As solicitudes resolveranse por orde de entrada no Rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade tal e como establece o artigo 4 da orde de convocatoria.

Terceiro. O artigo 1 da orde de convocatoria dispón que as subvencións convocadas ao abeiro da citada orde se financiarán cos seguintes créditos:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

06.03.751A.761.3

400.000,00

Artigo 3.a) do anexo I

06.03.751A.781.1

150.000,00

Artigo 3.b) do anexo I

06.03.751A.781.1

250.000,00

Artigo 3.c) do anexo I

Cuarto. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a última solicitude que se puido conceder ás entidades beneficiarias establecidas no artigo 3.a) do anexo I da orde de convocatoria foi a CO300H-2021-CO012, presentada na sede electrónica o día 8 de setembro de 2021, ás 13.54 horas.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación (Orde do 24 de xuño de 2021; DOG núm. 127, do 6 de xullo),

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.761.3 con data do 8 de setembro de 2021, ás 13.54 horas, ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2021, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 166, do 30 de agosto), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo