Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54766

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión das seguintes árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 29 de outubro de 2021 da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 13.9.2020.

Código: 158A.

Nome da árbore: Sobreira da Peneda.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Redondela.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 533.741/4.686.080.

Motivo da catalogación: cultural.

Data da solicitude: 12.5.2021.

Código: 159A.

Nome da árbore: Castiñeiro Casa Fragueiro.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Riazón-Ombreiro.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 610.998/4.766.494.

Motivo da catalogación: dendrometría.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural