Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54761

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 27 de outubro de 2021 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Pangea Galicia para el Encuentro de las Culturas.

Unha vez examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Pangea Galicia para el Encuentro de las Culturas, con domicilio no Camiño Cerdeiros, número 1, en Vigo (Pontevedra).

Feitos:

1. O 13 de xullo de 2021, M. Montserrat Estévez David, en representación da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Pangea Galicia para el Encuentro de las Culturas constituírona Ana María Silva González, Ana Isabel Naya Díez, Roberto Rodríguez Blanco, Juan Ignacio Espinosa Antón e María Rosa de Celis Fernández, mediante escritura pública outorgada en Vigo (Pontevedra), o 28 de xuño de 2021, ante o notario Miguel Lucas Sánchez, co número de protocolo 2.533. Esta escritura foi emendada por outra outorgada na mesma localidade o 28 de setembro de 2021, ante o notario Julio Manuel Díaz Losada, co número 2.590 do seu protocolo.

3. A Fundación, consonte o artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto «o desenvolvemento de fins culturais, concretamente fomentando o diálogo multicultural entre os visitantes que realizan o Camiño de Santiago como base da inclusión da diversidade, a non discriminación, a non violencia e a irmandade entre os seres humanos».

4. O Padroado inicial da Fundación está formado por Ana María Silva González, como presidenta; Ana Isabel Naya Díez, como vicepresidenta; Roberto Rodríguez Blanco, como secretario; Juan Ignacio Espinosa Antón, como tesoureiro, e María Rosa de Celis Fernández, como vogal.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Pangea Galicia para el Encuentro de las Culturas, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do Padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de secretarios xerais, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a esta Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais, na súa reunión do día 18 de outubro de 2021,

DISPOÑO:

Clasificar de interese cultural a Fundación Pangea Galicia para el Encuentro de las Culturas, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e previamente e con carácter potestativo poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo