Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de incoación de expediente de execución subsidaria.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, publicándose no BOE do 25 de agosto de 2021 e no DOG do 25 de agosto a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, por seren descoñecidos ou non recoller a notificación, pola que se comunicaba ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se sinalan, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007.

Comprobado que non se realizaron os labores de xestión de biomasa no prazo concedido tras a publicación nos diarios indicados.

Visto, ademais, que o Concello de Cenlle ten un convenio asinado con Seaga polo que encarga a este organismo da Xunta de Galicia a limpeza efectiva de moitas parcelas que están en situación de risco de incendio e para as que non foi posible lograr que realizaran a limpeza os seus titulares, ben porque non se coñecen ou ben por incumprimento. Considerando que resulta obrigatorio, chegados a este punto, acordar a execución subsidiaria polo concello e que resulta necesario formalizar tamén a liquidación provisional dos custos que terán esas limpezas.

De acordo co previsto nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, de prevención de incendios de Galicia, 135 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria das ordes de limpeza de predios en risco de incendio, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, por incumprimento dos titulares ou por descoñecemento destes, en zona de franxas de protección de núcleos de poboación.

Referencia catastral

Titulares

Localización

Polígono

Parcela

Metros

Custo

Liquidación

32026A003002990000TA

Rosa Raña Rodríguez

O Outeiro (Riobó)

3

299

191

1,20

229,20 €

32026A003003000000TA

Casta García Vázquez

O Outeiro (Riobó)

3

300

187

1,20

224,40 €

32026A003003010000TB

Manuel Sánchez Abad

O Outeiro (Riobó)

3

301

139

1,20

166,80 €

32026A011000080001YO

María Luisa Parracía Sobrino

O Rial (Santa María, Razamonde)

11

8

891

1,20

710,80 €

32026A014001360000TZ

Serafina Villar Iglesias

Razamonde (Santa María)

14

136

1.570

1,20

1.884 €

32026A016010000000TH

Veciños de Trasariz

Trasariz (Santiago)

16

1000

1.000

1,20

1.200 €

32026A018008040001YK

En investigación

San Xoan (Sadurnín)

18

804

122

1,20

146,40 €

32026A020004760000TI

Delfina Montero Díaz

As Chabolas (San Xoán)

20

476

505

1,20

606 €

32026A036002300000TR

Cándida Vázquez Fernández

Esposende (Santa Mariña)

36

230

2.968

1,20

3.561,60 €

32026A036002320000TX

Constantino Pérez Soto

Esposende (Santa Mariña)

36

232

4.888

1,20

5.865,60 €

32026A036003060000TA

Santiago Domínguez Soto

Esposende (Santa Mariña)

36

306

801

1,20

961,20 €

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estímase que a limpeza xerará os custos que aparecen na mesma táboa, na columna de liquidación provisional.

Terceiro. Ordenar e requirir o pagamento da presente liquidación provisional dos custos que deberán aboar as persoas responsables. Os importes que se presentan constitúen liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria. Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez rematados os traballos de tala e roza.

Cuarto. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá o deber legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa. Adóptase como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso, en conformidade co artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Quinto. Outorgar aos titulares afectados un prazo de audiencia de 15 días hábiles, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que xulguen convenientes ao seu dereito. Para tales efectos, poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter as copias que xulguen oportunas para os efectos dunha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Ordenar a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, para coñecemento e efectos, e comunicar a Seaga, para os efectos que procedan.

Indícase que o expediente no seu conxunto se atopa á disposición dos interesados nas dependencias do Concello de Cenlle, sitas en Trasariz, Cenlle, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Cenlle, 14 de outubro de 2021

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde