Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de expropiación polo procedemento de taxación conxunta.

Aprobado inicialmente por Acordo do Pleno do 29 de xullo de 2021, o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos seguintes bens:

Nº predio

Ref. catastral

Sup. total (m2)

Pleno dominio

Sup. afectada (m2)

1

9574003NH0397S0001WO

126

103

Linda:

– Norte: rúa Outomil.

– Sur: avda. da Coruña.

– Leste: rúa Outomil.

– Oeste: resto de parcela edificable.

De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para se formularen as alegacións que coiden pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (https://noia.sedelectronica.gal).

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Noia, 14 de outubro de 2021

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde presidente