Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de modificación de uso urbanístico nun inmoble municipal.

En cumprimento do previsto na Lei 2/2016, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Ribadavia, en sesión do 30 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:

Considerando que o seguinte local, de titularidade pública, ten asignado no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia un uso dotacional educativo:

Referencia catastral: 0522805NG7802S0001ET.

Situación: rúa Carlos Casares, 5.

Descrición: local situado na zona esquerda da planta baixa da edificación, visto desde o patio.

Presenta acceso desde o espazo común das escaleiras e acceso directo desde o patio a través dunha porta situada na fachada lateral esquerda. Desde esta porta accédese a un espazo case rectangular (8,15 × 4,75 metros), que conta con iluminación e ventilación natural por medio de dúas ventás cara ao patio.

Na cota superior de 0,27 centímetros sitúanse os aseos (2,70 × 3,27 metros), que se comunican directamente co espazo das escaleiras comúns. Desde estas accédese a outro espazo de forma case cadrada.

Visto o artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia:

«O Concello en pleno, por maioría absoluta e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do Plan, poderá acordar o cambio de uso dos terreos reservados para equipamentos públicos por outro uso dotacional público distinto, sempre que se manteña a titularidade pública ou se destine a incrementar as zonas verdes e os espazos libres públicos».

Considerando máis conveniente para o interese público e para a satisfacción dos intereses colectivos que o uso permitido polo PXOM de Ribadavia sexa dotacional asistencial,

Acórdase:

– Modificar o uso previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal para o local situado na zona esquerda da planta baixa da edificación, visto desde o patio, na rúa Carlos Casares, 5, referencia catastral: 0522805NG7802S0001ET, de dotacional educativo a dotacional asistencial.

– Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

– Comunicar o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plans Urbanísticos de Galicia.

Ribadavia, 1 de outubro de 2021

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa