Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de alleamento de bens patrimoniais.

A Xunta de Goberno local do Concello de Ribadavia, en sesión do 4 de outubro de 2021, aprobou o alleamento dos seguintes bens patrimoniais de titularidade do Concello de Ribadavia, polo procedemento de concurso:

Rúa dos Fornos, 11 e 13. Referencias catastrais: 0823612NG7802S (rúa dos Fornos nº 13, no Catastro 11º A), 0823613NG7802S (rúa dos Fornos nº 11). Valoración 10.005,52 €. Lote 1.

Rúa dos Fornos 15. Referencia catastral 0823611NG7802S.

Valoración 14.483,10 €. Lote 2.

Rúa dos Fornos 17. Referencia catastral 0823610NG7802S.

Valoración 10.043,66 €. Lote 3.

Rúa dos Fornos 22. Referencia catastral 0823711NG7802S.

Valoración 4.427,40 €. Lote 4.

Rúa Extramuros 52. Referencia catastral 0824801NG7802S0001XT Situación: rúa Extramuros nº 52 (no Catastro nº 50). Valoración 39.631,64 €. Lote 5.

Rúa dos Fornos 24-26. Referencias catastrais 0823712NG7802S e 0823713NG7802S. Valoración 12.343,16 €. Lote 6.

O prego de cláusulas administrativas particulares e os informes de valoración e condicións urbanísticas dos bens expoñeranse na páxina web do Concello de Ribadavia.

O prazo de presentación de ofertas será de trinta días naturais desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribadavia, 6 de outubro de 2021

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa