De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.
Mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a continuación se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Referencia catastral |
Lugar |
Propietario |
1182301NH2018S0001KE |
Leiromeán, 7 |
Hrdos. Jaime Serantes Martínez |
0475910NH2007N0001HB |
Travesía O Freixo, s/n |
Antonio Rodiño Serantes |
0475911NH2007N0001WB |
Travesía O Freixo, s/n |
Antonio Rodiño Serantes |
36046F503003930000ZU |
Agro Bo, Barrantiños |
Manuel Leal Prado |
En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezarase a computar no prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obrigación da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, sitas na avenida de Ribadumia, 3 (Ribadumia), das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados.
Ribadumia, 27 de setembro de 2021
David José Castro Mougán
Alcalde