Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva situados na praza de Ultreia.

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de agosto de 2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva situados na praza de Ultreia, formulado de oficio polo Concello de Santiago, elaborado polo arquitecto Juan Pinto Tasende.

Como condición para a apertura do trámite de información pública, achegarase un plano en que figuren claramente identificados, sobre o parcelario catastral, os terreos públicos e privados de necesaria ocupación para executar as actuacións propostas.

O estudo de detalle contén a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polos artigos 24 e 42.3 do Real decreto lexislativo 7/2015 e 13.2 da Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que habilitan a ocupación do dominio público e a expropiación dos terreos privados necesarios para realizar as actuacións propostas.

Ao abeiro do disposto polo artigo 13.5 da citada Lei 1/2019, acórdase que as actuacións dirixidas á mellora das condicións de accesibilidade e da eficiencia enerxética previstas no estudo de detalle non se computarán para os efectos de edificabilidade, volume máximo edificable e ocupación de parcela, nin de distancias mínimas a lindes, outras edificacións, espazos públicos e vías públicas, ou cumprimento de aliñacións.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Con data do 29.9.2021 o equipo redactor presentou un plano I.0, nomeado «Identificación dos terreos de necesaria ocupación», no cal se identifican os terreos de dominio público e privado que é preciso ocupar coa instalación dos ascensores, así como aqueles outros, de titularidade privada, necesarios para realizar as actuacións propostas.

Deseguido relaciónanse as parcelas catastrais incluídas na delimitación espacial do ámbito da actuación sobre o medio urbano, cos efectos regulados no artigo 13 da Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia:

a) Edificios afectados pola instalación dos ascensores.

Avenida de Salamanca, 28.............................

7685301NH3478F

Praza de Ultreia, 1..........................................

7787904NH3478H

Praza de Ultreia, 2..........................................

7787901NH3478H

Praza de Ultreia, 3..........................................

7787902NH3478H

Praza de Ultreia, 4..........................................

7787903NH3478H

Praza de Ultreia, 5..........................................

7887101NH3478F

Praza de Ultreia, 6..........................................

7887102NH3478F

Praza de Ultreia, 7..........................................

7887103NH3478F

Praza de Ultreia, 8..........................................

7886401NH3478F

Praza de Ultreia, 9..........................................

7886402NH3478F

Praza de Ultreia, 12........................................

7787701NH3478F

Praza de Ultreia, 13........................................

7787703NH3478F

Praza de Ultreia, 14........................................

7787702NH3478F

Praza de Ultreia, 15........................................

7787801NH3478F

Praza de Ultreia, 16........................................

7787802NH3478F

Praza de Ultreia, 17........................................

7787803NH3478F

Rúa do Espírito Santo, 47..............................

7787805NH3478F

Rúa do Espírito Santo, 48...............................

7787804NH3478F

Rúa da Pastoriza, 101 A.................................

7987102NH3478F

Rúa da Pastoriza, 101 B.................................

7987101NH3478F

Rúa da Pastoriza, 102 A-102 B......................

7887701NH3478F

Rúa da Pastoriza, 103 A.................................

7886502NH3478F

Rúa da Pastoriza, 103 B.................................

7886501NH3478F

b) Terreos privados de necesaria ocupación para realizar as actuacións propostas no estudo de detalle.

7685381NH3478F0000XQ (Ultreia, s/n).

7787901NH3478H (Ultreia, 2)

7787902NH3478H (Ultreia, 3).

7787903NH3478H (Ultreia, 4).

7887101NH3478F (Ultreia, 5).

7887102NH3478F (Ultreia, 6).

7887103NH3478F (Ultreia, 7).

7786123NH3478F0001BW (Ultreia, 10).

7786103NH3478F0001OW (Basquiños, 87).

7786165NH3478N0001FT (Ultreia, s/n).

c) Terreos de dominio público de necesaria ocupación para instalar os ascensores.

Estes terreos carecen de referencia catastral por formaren parte do viario público e constan identificados en azul no plano presentado.

O que se publica a fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/20211008123828E-D-dotacion-accesibilidade-vivenda-colectiva-na-praza-de-Ultreia/gl

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019 do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica