Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de modificación da porcentaxe de vivendas sometidas á protección pública no Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 14.9.2021, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Modificar as reservas de aproveitamento lucrativo destinadas a algún réxime de protección pública, que quedan do seguinte xeito:

• En solo urbano non consolidado, nos sectores 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7, o 10 % do aproveitamento lucrativo, e nos sectores 3, 8 e 9, o 10 % do aproveitamento lucrativo de uso residencial.

• En solo urbanizable delimitado, nos sectores 1, 2, 3, 4, 5 e 6, o 10 % do aproveitamento lucrativo, e no sector 12, o 10 % do aproveitamento lucrativo.

Segundo. Proceder á publicación do presente acordo no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Oroso, para xeral coñecemento.

Terceiro. Segundo o disposto no artigo 84.1 da citada Lei 2/2016, contra este acordo non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se publica para xeral coñecemento.

Oroso, 4 de outubro de 2021

Luís Rey Villaverde
Alcalde