Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial SUD-19 Os Regos (expediente FG número 607).

O Pleno municipal, na sesión do día 30 de setembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Resolver as alegacións presentadas por María Olga Morado Riveira, R.E. nº 2019018826, do 5.11.2019; Comunidade de Propietarios Os Regos Quinteiro J, R.E. nº 2019019251, do 12.11.2019, e Propietarios dos Quinteiros A, B, F e K, R.E. nº 2019019268, do 12.11.2019, no sentido do informado.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento refundido do Plan parcial SUD-19 Os Regos (documento R.E. nº 2021013763, do 16.8.2021), coas seguintes condicións:

Na formulación do proxecto de urbanización do ámbito deberán terse en consideración as prescricións técnicas do informe emitido por Augas de Galicia o 7 de xullo de 2020, co R.E. nº 2020008549.

No momento da redacción do proxecto de urbanización valorarase a posibilidade de conservar e/ou transplantar máis árbores que se recollen no plano PORD 01USOS 03VEG do Plan parcial.

Terceiro. Dilixenciar o documento R.E. nº 2021013763, do 16.8.2021, e arquivar o documento R.E. nº 2019004309, do 21.3.2019, ao substituírse polo de aprobación definitiva.

Cuarto. Proceder, no prazo dun mes, á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e do acordo e das ordenanzas reguladoras (páxinas 1 á 28 do documento da normativa urbanística) no Boletín Oficial da provincia.

Quinto. Solicitar a inscrición do Plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no capítulo X do título II do seu regulamento, e o que dispoña para tal efecto a lexislación vixente en materia de réxime local (artigo 82.4 da LSG).

Sexto. Remitir un exemplar do documento do Plan parcial aprobado definitivamente xunto coa certificación do acordo plenario da aprobación definitiva á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Sétimo. Publicar na web municipal o acordo de aprobación definitiva e o documento aprobado.

Oitavo. Notificar o promotor, os titulares do terreo dentro do ámbito e os alegantes.

Noveno. O Plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 11 de outubro de 2021

Mª José Varela Neira
Alcaldesa en funcións