Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53305

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021 de notificación da comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas (expediente 212/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no apartado 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A020000200000GF, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 5 de outubro de 2021, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A020000200000GF

Localización:

lg. Carreiros, nº 6, Antas

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A020000200000GF

Localización:

lg. Carreiros, nº 6, Antas

Superficie:

924 m2 = 0,0924 ha

Rede de defensa contra incendios:

asimilable rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Terceiro. Identificar a Eladia Moreira Neira como responsable da execución da xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas, por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal emitido con data do 23.7.2021 e ratificado no emitido con data do 5.10.2021, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrei

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbaceo:

–Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arboreo:

Frondosas caducifolias:

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 de altura

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m

 Cumple

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 de altura

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m

 Cumple

 Non cumpre

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Vexetación seca:

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con extracto arbóreo (frondosas caducifolias) en parte da súa extensión e incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda o clareo coa formación de masas mixtas distanciadas 7 metros entre si, e a poda das árbores <11,4 m de altura ata 1/3 da súa altura, e das árbores >11,4 m de altura ata 4 metros da súa altura.

Igualmente, a parcela denunciada conta con estrato arbóreo (incluído na disposición adicional terceira: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que proceda, o/a responsable, á realización das actuacións indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen visita de comprobación e emitan o informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do/a interesado/a.

Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrarlle ao responsable, de ser o caso, a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo a valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte. <30 %

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 % e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

1.783,54 €

0,0924

164,80 €

Apeo de árbores ø > 12-<=20 cm

Corta manual de pés con diámetro normal superior a 12 cm e inferior ou igual a 20 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha

0,38 €

10

3,80 €

m3

Tronzadura de fuste de ø >12-<=20 cm

Tronzadura de fustes con motoserra de árbores de diámetro normal superior a 12 cm e inferior o igual a 20 cm, en anacos de 2,5 m

3,98 €

3,768

15,00 €

ha

Recollida e encastelamento de residuos dens <10 t/ha, pte. <30 %

Recollida e encastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas,
podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %

274,01 €

0,0924

25,32 €

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

Queima controlada de residuos forestais encastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,0924

17,60 €

ha

Clareo e poda densidade baixa

Clareo e poda en montes con densidade baixa. Corta de pés sobrantes e das pólas baixas no arboredo restante, con alturas máximas de poda de ata 2 m aproximadamente

1.153,60 €

0,0924

106,59 €

Total actuación

333,11 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se procederá á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notificarlles a presente resolución aos interesados.

A Lama, 8 de outubro de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente