Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021 de notificación da comunicación e requirimento da execución subsidiaria para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas (expediente 207/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A005009090000GI, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria das actuacións vinculadas ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A005009090000GI

Localización:

Ig. Brexiña-A Lama

Superficie:

1.186,00 m² = 0,1186 ha

Rede de defensa contra os incendios:

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

De acordo coa seguinte valoración:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte.< 30 %

ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

1.783,54 €

0,1186

211,53 €

Apeo árbores ø >20-<= 30 cm

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha.

0,75 €

20

15,00 €

Tronzadura de fuste de ø >20-<= 30 cm

Tronzadura mediante motoserra de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, en anacos de 2,2 m.

2,66 €

31,4

83,52 €

Recollida e encastelamento de residuos dens< 10 t/ha, pte.< 30 %

ha

Recollida e encastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %.

274,01 €

0,1186

32,50 €

Queima de residuos, densidade < 10 t/ha (Seaga)

ha

Queima controlada de residuos forestais encastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea.

190,47 €

0,1186

22,59 €

 Total actuación 

365,14 €

Ao seren os gastos que diso deriven a cargo da propietaria da parcela con referencia catastral 36025A005009090000GI (en investigación na Dirección Xeral do Catastro polo artigo 47 da Lei 33/2003), como responsable da execución da xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Segundo. En vista da cláusula sétima do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, ao cal o Concello da Lama está adherido posto que estamos ante unha parcela sita na rede secundaria de faixas de xestión da biomasa, a execución subsidiaria das actuacións executaraa Seaga (como executora do sistema público de xestión de biomasa creado polo convenio), logo da petición formulada polo Concello á Dirección Xeral de Defensa do Monte, petición que trasladará á Comisión de Seguimento do convenio para a súa aprobación.

Terceiro. Remitir o presente expediente á Dirección Xeral de Defensa do Monte para que o traslade á Comisión de Seguimento do convenio para a súa aprobación, así como a Seaga, para os efectos de que inicie o correspondente expediente de execución subsidiaria.

Cuarto. Notificarlles a presente resolución aos interesados.

A Lama, 8 de outubro de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente